19/10/11

O CORPO E A SAÚDE

Decidimos facer un LIBRO DA SAÚDE, para ter cada un e cada unha e lembrar sempre como debemos actuar para coidar o noso corpo e sentirnos ben.

Consultaremos nesta páxina e faremos as actividades:


Tamén leremos e consultaremos no libro de clase e nos libros da Biblioteca, iremos anotando o importante no noso caderno.

  1. Xunto co noso equipo, decidiremos que apartados imos tratar e faremos un índice.
  2. Cada un /unha deseñará a súa portada, distinta e orixinal.
  3. Escribiremos o indice na primeira páxina.
  4. Escribiremos en cada apartado todo o que acordamos co noso equipo.
  5. Na última páxina escribiremos os datos dos libros e das páxinas que consultamos.
  6. Poñeremos as grapas, e listo!

                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario