28/3/17

MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Preparamos unha entrevista para facer o Día 8 de marzo a unha muller da nosa casa, as preguntas eran sobre como transcurría un día calquera para elas e que cousas facían. Quedamos sorprendidos da cantidade de cousas que fan e como adican cada día a que todo marche ben nas nosas vidas. 
A partir das súas respostas preparamos este traballiño, que nos levou moito tempo (redactar, revisar, corrixir, escribir no ordenador, poñerlle imaxes...), e do que estamos moi satisfeitas e satisfeitos.

22/3/17

PINTAMOS: A SORPRESA DO TRIGO

Escollemos para pintar este cadro de Maruxa Mallo, A sorpresa do trigo, puxemos en marcha as nosas habilidades para observar e producir as nosas versións.

 



Tamén investigamos sobre a importancia do trigo, e soubemos que este cereal  está na base da alimentación humana dende hai miles de anos, unha das primeiras plantas cultivadas na Prehistoria.

6/3/17

SEMENTEIRA: FOLIOS XIRATORIOS

Escoitamos atentamente a charla de Aurora, a mamá de Raúl, e tomamos notas. Con esas notas cada equipo elaboramos un folio xiratorio coa información de interese que debemos ter en conta para  a nosa sementeira. Xa sabemos moito máis!






2/3/17

DISFRACES: HABITANTES DA HORTA

Así de ben traballamos e colaboramos facendo os nosos disfraces para o desfile do cole. 
A nós tocáronnos os insectos!

          

14/2/17

PALABRAS QUE DIN MOITO

Ao escoitar ou ler unha palabra pódennos vir á mente moitas máis cousas que o propio significado da palabra. Porque as palabras sempre din moito máis. Hoxe probamos coa palabra AMIGO/A e rápidamente escribimos dez cousas que nos viñeron á mente. Logo lémolas para os demais. 
Cantas cousas!


É unha proposta deste libro que andamos a ler e que nos encanta.

Seguro que repetiremos con outras palabras! A nosa creatividade vai en aumento!

 

8/2/17

ECOSISTEMAS

ESQUEMA:

http://catedu.es/chuegos/kono/sexto/t1/eco.swf

DISTINTOS ECOSISTEMAS NA TERRA:

http://www.smlir.net/ArchivosCMS/DemoLir/SM/U5_p60_01/cn2_05_02.htm

CADEAS ALIMENTARIAS

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u6_act1b/frame_prim.swf


2/2/17

EQUIPOS

Aquí estamos, intentando remar na mesma dirección para avanzar máis e mellor.
 Somos uns artistas!
Pincha na imaxe para facer o puzzle:

http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3aef4654469a