Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
14/4/20
MÚSICA!
Compartiremos por aquí os instrumentos que estades elaborando a proposta da profe Patricia, unha idea moi artística...que vai dar moito de sí, seguro... a ver, a ver...
21/12/19
ROCK AROUND THE CLOCK
Despois de ir ver a obra de teatro-musical "Os Rockenstein", interesámonos por esta música. Investigamos un pouco, escoitamos rock and roll de distintas épocas, e finalmente preparamos a nosa actuación no festival de Nadal.
Aquí inspirámonos para preparar o baile do festival:
23/12/18
PASATEMPOS DE VACACIÓNS
Para practicar ortografía xogando:
Para practicar cálculo xogando:
Xogo de habilidade: escolle un personaxe e móveo coas frechas do teclado, le as instrucións:
Para escoitar música de Nadal:
18/5/17
A MUIÑEIRA
21/12/16
AS FABAS MÁXICAS, A NOSA VERSIÓN
Moito traballo arredor deste conto clásico, na nosa aula e tamén coa profesora de música, que nos facilitou a canción e nos axudou cos ensaios.
Aquí está a nosa narración musicada, que representamos no festival de Nadal, para que tamén a vexa a nosa compañeira Amy e os familiares que non puideron asistir.
18/3/16
ROMANCE DE DON GAIFEROS
O noso romance, que preparamos coa profe de música para os recitados da escola:
18/5/15
OS MAIOS
Co profe de música aprendimos sobre esta tradición, construimos un maio, e interpretamos unha cantiga dos maios.
4/3/14
OS SERVIZOS PÚBLICOS: ENTROIDO 2014
Elaboramos os nosos disfraces dos servizos de mantemento do Concello, coa axuda das nosas familias. Lucímolos no desfile xunto cos bombeiros, carteiros e policias... bailamos as nosas coreografías e pasamos unha mañá divertida.
Aprendemos algunhas cousas, por exemplo como é o escudo de Salvaterra ou como se escribe a palabra ADHESIVO...tamén fixemos practicas de medidas de lonxitude.
23/2/14
A CANCIÓN PARA O ENTROIDO
Chega o Entroido e preparamos disfraces e cancións. Xunto con todo o cole faremos unha representación dos servizos públicos do Concello, a nós tocounos o persoal de mantemento, esas persoas que fan que todo estea limpo e que o día a día da vila e as parroquias funcione adecuadamente.
Esta é a nosa canción, baseada na melodía que nos proporcionou a profe de música (Llegó el cartero de Carlitos Bala).
Agora a practicar:
Agora a practicar:
Chegan os traballadores
os que coidan do teu pobo
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos
Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas
a ver quen chega primeiro.
Se nos axudas é máis fácil traballar
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar
e así vivir xuntos aquí será un pracer
Etiquetas:
cancións,
entroido,
música,
proxecto Vivir xuntos,
sociedade
14/11/13
APARATO LOCOMOTOR
Documental sobre o aparato locomotor: esqueleto e musculatura:
E agora escoita e canta a canción de Migallas "O esqueleto", que nos axudará a lembrar os nomes dos ósos. Vídeo do cole ADR Castelao de Ordes.
21/6/13
XOGA E APRENDE COA ARTE
Estes días experimentamos coas cores con esta proposta de MENUDO ARTE ( pincha para ver ou imprimir outras propostas artísticas). Pintamos sobre un autorretrato de Van Gogh tratando de representar distintos estados de ánimo con cores cálidas ou frías.
Para seguir xogando coa arte explora nesta páxina, actividades de plástica e música que seguro che gustarán:
7/4/13
O HIMNO GALEGO
A petición de Rubén buscamos información sobre o himno galego.
O texto é un poema de Eduardo Pondal, escritor da época de Rosalía de Castro (século XIX).
A música pertence ao compositor Pascual Veiga.
Podemos ler máis información aquí.
Escoitémolo neste vídeo, con imaxes representativas de Galicia.
7/1/13
ASÍ BAILAMOS
Así foi a nosa actuación no festival de Nadal, interpretando estas coreografías preparadas polo alumnado de 3º e 4º, desexando a tod@s "sonrisas" e "bicos" con moita alegría.
13/3/12
!SAIMOS NA TELE¡
O luns 5 de marzo fomos ver a pantasma do palco, grabaronnos eo martes 6 de marzo saimos na tele. Entrevistaron a nosa profesora de musica Melani.E tres da nosa clase falaron da obra. E pasamolo moi ben.
Por Lara e Cristian
5/3/12
A PANTASMA DO PALCO
Gustounos o paseo, a merenda na alameda, e por suposto o espectáculo. Contaremos de que se trataba e diremos a nosa opinión. Damos as grazas ao grupo por poñer as cancións á nosa disposición.
Karaoke e canción: O señor Tracatrá
3/3/12
POR FIN...EXCURSIÓN
Sairemos cos compañeiros/as de 1º e 2º a ver un espectáculo musical: "A pantasma do palco". Á volta contaremos todo o que alí aconteceu.
16/1/12
POEMAS CON MÚSICA
As poesías son textos que teñen ritmo, por iso se prestan ben para ser cantados. Escoitemos e cantemos este poema de Mª ELENA WALSH que estivemos lendo e nos gustou (porque as poesías están escritas só para gustar):
Vía "Música no cole", blog que seguimos.
Vía "Música no cole", blog que seguimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










