Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

26/3/20

APRENDEMOS COS VÍDEOS?

Aquí as vosas  reflexións:



16/5/19

MARTA E A PÍNTEGA

Este foi o libro con que andivemos a traballar na clase de galego. Agora que o rematamos queríamos recomendalo, e para iso fixemos entre todos este vídeo. Utilizamos unha aplicación chamada Kinemaster, moi doada de utilizar para nós e con resultados moi bonitos.






Agora imos rematar o traballo de Marta e crear eses novos contos onde os e as personaxes se sintan máis libres e fagan cousas diferentes.

14/6/17

TEÑO UNS PÉS PERFECTOS

Lémolo na clase este curso e aprendemos moitas cousas con el, así que agora que xa o rematamos, imos animar a ler este libro cun "book trailer" que fixemos entre todas e todos:

            

18/12/15

O RAP DE PINDO

Como remate do traballo co libro "O raposo e a mestra" preparamos unhas rimas, para falar deste raposo que nos pareceu tan simpático, e tamén quixemos cantar as cancións do libro. Será a nosa actuación no festival de Nadal. Que ben o pasamos! 

                 


31/10/14

DOCUMENTAL: ALIMENTÁMONOS

Rematamos o noso documental, froito do traballo de moitos días nos que buscamos, compartimos e aprendemos sobre a nosa alimentación. Tamén aprendemos como se monta un vídeo, utilizando a ferramenta wevídeo, na que se traballa directamente en internet, moi fácil de usar e moi entretida (premer na imaxe)

https://www.wevideo.com/view/259471787

              



















Se non podedes velo ben, tamén na nosa canle: https://www.youtube.com/watch?v=S_Op9I75u-Q

9/9/14

UN CONTO POPULAR... PARA COMEZAR

Comezamos o curso. Teremos novidades que contar, novas persoas que coñecer e moitas cousas por aprender.
Para empezar a pensar aquí temos un contiño popular ( que era iso de "popular"??)



                  

7/1/13

ASÍ BAILAMOS

Así foi a nosa actuación no festival de Nadal, interpretando estas coreografías preparadas polo alumnado de 3º e 4º, desexando a tod@s "sonrisas" e "bicos" con moita alegría. 


   

18/12/12

CREANDO HISTORIETAS

Despois de todo o lido e aprendido, estas son as nosas historietas:

                       
                                Open publication - Free publishing - More escritura

E así resumimos o noso traballo, facendo un repaso:

                     

22/6/12

FIN DE CURSO

Un ano máis na nosa liña do tempo, e moitas cousas pasaron.

 



                              Aquí está o voso vídeo, rematado.
                                     Boas vacacións!!!!

             

20/6/12

PROGRAMA TV

Despois de reunir a información necesaria elaboramos o noso programa, cada equipo na súa responsabiblidade: redactores/as, reporteiros/as, presentadores/as, equipo técnico... ensaiamos, gravamos e o resultado quedou así:


          

22/6/11

O CAN E O GOLFIÑO

 Para despedir o curso, un agasallo: este bonito vídeo. Felices vacacións.
    

12/6/11

VIAXE POR GALICIA

Como resultado do traballo realizado, xunto cos compañeiros/as de ciclo, aquí quedan estes vídeos para lembrar:



 







16/3/11

A FRAGA MISTERIOSA

Un traballo feito coas ideas de todos e todas: listo para ver e escoitar.


                         

Tamén podes ler o texto AQUÍ.

12/2/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Esta é unha versión actual do conto de Hans Chistian Andersen.
Ademais de ver o vídeo e escoitar o conto, moi ben feito,  podemos comprobar como un metal que é o chumbo, se derrete coa calor e así pódeselle dar a forma que se queira, como vimos cando estudiamos os metais.