Os verbos están no que lemos, no que falamos, no que escribimos...
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
27/3/21
11/4/18
VAIA TROPA, 2ª PARTE
Despois da lectura de "Vaia tropa", de Antón Cortizas, aceptamos a invitación do autor para crear poemas seguindo a mesma estrutura, guiados polas palabras propostas e outras que nós buscamos elaboramos este libriño.
Mirade outros exemplos:
6/3/18
19/5/16
18/3/16
ROMANCE DE DON GAIFEROS
O noso romance, que preparamos coa profe de música para os recitados da escola:
10/3/16
POESÍAS: CON L DE LONXE
Despois de ler poemas deste libro escribimos os nosos, utilizamos o procesador de textos e tamén unha ferramenta para crear ilustracións.
Etiquetas:
Camiños a Santiago,
escritura,
poesía,
TIC
18/12/15
O RAP DE PINDO
Como remate do traballo co libro "O raposo e a mestra" preparamos unhas rimas, para falar deste raposo que nos pareceu tan simpático, e tamén quixemos cantar as cancións do libro. Será a nosa actuación no festival de Nadal. Que ben o pasamos!
Etiquetas:
cancións,
libros,
o raposo e a mestra,
poesía,
vídeos
8/10/15
LEMOS POESÍA
Lemos poesía, do libro "Poemas que me cantou o grilo", de Ana Mª Fernández. Gustounos, porque o ritmo e a rima sempre enganchan.
Os textos falan da diversidade de seres vivos que enchen a Terra.
Gravámonos lendo, aquí queda un pouquiño de cada un de nós:
Despois da lectura fixemos un traballo de ilustración que nos fixo entrar de cheo no significados e na mensaxe dos poemas. Tamén iniciamos unha conversa na que falamos do que sabemos sobre os seres vivos e do que queremos saber.
9/1/14
RECITANDO
Aquí están os poemas que limos e tan ben recitamos para todo o cole no festival de Nadal. Disfrutádeos!
Para lelos cantas veces queiras:
7/4/13
O HIMNO GALEGO
A petición de Rubén buscamos información sobre o himno galego.
O texto é un poema de Eduardo Pondal, escritor da época de Rosalía de Castro (século XIX).
A música pertence ao compositor Pascual Veiga.
Podemos ler máis información aquí.
Escoitémolo neste vídeo, con imaxes representativas de Galicia.
26/3/13
RECITANDO
Lemos os nosos poemas aos nenos e nenas de terceiro e escoitamos tamén os seus. Encantounos, pasamos un rato moi agradable e comprobamos como xogando coas palabras, somos capaces de construir composicións divertidas e organizar todo un recital poético:
28/2/13
IMITANDO A ROSALÍA
Construimos poemas seguindo o esquema de "Has de cantar" de Rosalía de Castro. Fixémolo en equipo, por iso nos quedaron así de ben:
16/1/12
POEMAS CON MÚSICA
As poesías son textos que teñen ritmo, por iso se prestan ben para ser cantados. Escoitemos e cantemos este poema de Mª ELENA WALSH que estivemos lendo e nos gustou (porque as poesías están escritas só para gustar):
Vía "Música no cole", blog que seguimos.
Vía "Música no cole", blog que seguimos.
3/6/11
O POEMA FAVORITO
O poema que máis gustou foi:
NA CARREIRA DOS ANIMAIS
Na carreira dos animais O cabalo
o que vai diante brinca tras do valo.
non é o que corre máis. O elefante
O ornitorrinco vai moi elegante
é o número cinco. e o canguro
O guepardo salta campos e algún muro.
marcha como un dardo. Na carreira dos animais
O mosquito ninguén leva un premio
nin o deixo nin o quito. porque corra máis.
O morcego
voa coma un pego (Ana Mª Fernández)
27/5/11
POEMAS QUE ME CANTOU O GRILO
Despois de ler este libro, recitar os poemas e ilustralos, imos ter a sorte de coñecer á súa autora moi pronto. Inventaremos unha poesía para regalarlle a Ana Mª Fernández. Fai unha lista de palabras que rimen con Ana María.Preme na imaxe para elixir o POEMA FAVORITO:
3/4/11
POESÍAS
Todas as palabras serven para facer poemas. Só hai que colocalas de forma que soe agradable a quen as escoita ou a quen as le.
Esta vez substituimos nomes, adxectivos e verbos do poema de Álvaro Cunqueiro "No niño novo do vento".
Agora, a lelas e a disfrutar delas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







