Mostrando entradas con la etiqueta materia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta materia. Mostrar todas las entradas

24/4/19

MAPA CONCEPTUAL A TRES BANDAS

O que precisamos saber sobre enerxía e materia quedou plasmado e ben á vista nos mapas conceptuais que elaboramos en equipo: cada membro  aportou unha parte da información, que fomos preparando previamente durante varios días. Chegado o momento escribimos e despois organizamos xuntos toda a información, poñéndonos de acordo nos criterios a seguir. Isto serviu para avaliar o que sabemos sobre o tema cada un de nós e tamén o que somos capaces de facer en equipo. 
Fantástico! Proba superadísima!





10/4/19

INVESTIGANDO O SON

Probando, probando... como as vibracións do son viaxan a través de calquera materia: aire, plástico, cordel...
Pero ollo, se o cordel non está tenso non se escoita! Por que???





18/2/15

A MATERIA

Aprendemos que a materia ten volume ( ocupa espacio) e ten masa ( cantidade de materia). Tamén limos que a materia está formada por partículas moi pequenas.

               IMAXINA O INTERIOR DA MATERIA


Estima e compara cantidades de materia (masa):


Le e realiza estas actividades:

http://www.aitanatp.com/nivel4ccas/index7.htm



15/3/13

UN BARCO FLOTA

Le os pasos do EXPERIMENTO


Cando metemos unha bola de plastilina na auga se funde.En cambio se pomos unha plancha de plastilina flota. 


O que aprendemos foi que non importa o peso senon a forma plana da base.
Alba, María, Isaac, Darío

14/3/13

O AIRE É MATERIA

Le os pasos do  EXPERIMENTO




Observamos ao  facer forza e meter o vaso que o corcho, como habia aire  quedaba no fondo do caldeiro por que senon houbera aire no vaso o corcho flotaria na auga. 



 E aprendemos que o aire ocupa espazo. Ao virar o vaso saen burbullas de aire.
Óscar, Ángela, Guillermo, Damián.