Os verbos están no que lemos, no que falamos, no que escribimos...
Mostrando entradas con la etiqueta produción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta produción. Mostrar todas las entradas
27/3/21
8/2/21
26/1/21
21/12/20
3/11/20
INCUBADORA
Paula presenta...con este traballo tan creativo... o nacemento de pitiños de paspallás e de galiña, despois do seu período de incubación artificial. Mirade:
28/1/20
FICHAS DE PLANTAS
E aquí están reunidos os nosos traballos de investigación sobre diversas plantas escollidas por cadaquén. Estupendo!
Agora a ler as fichas dos demais:
Agora a ler as fichas dos demais:
20/10/19
PENSAMOS E OPINAMOS
Xa rematamos o mural no que fixemos públicas as reflexións que escribimos despois de escoitar e ver o vídeo da canción AGUA, e enterarnos da súa intención.
Para ler todos os textos hai que premer na imaxe do mural.
Etiquetas:
escritura,
produción,
Proxecto Somos Auga
16/5/19
MARTA E A PÍNTEGA
Este foi o libro con que andivemos a traballar na clase de galego. Agora que o rematamos queríamos recomendalo, e para iso fixemos entre todos este vídeo. Utilizamos unha aplicación chamada Kinemaster, moi doada de utilizar para nós e con resultados moi bonitos.
Agora imos rematar o traballo de Marta e crear eses novos contos onde os e as personaxes se sintan máis libres e fagan cousas diferentes.
9/2/19
ÁLBUM DE ANIMAIS
Preparado para ir á Biblioteca o noso Álbum de animais, que empezamos en terceiro e rematamos agora en cuarto. Froito de moita investigación e traballo coidadoso, xunto cuns excelentes debuxos, esperamos que vos guste. Aquí algunhas imaxes:
8/5/17
SALVATERRA MILENARIA
O Concello de Salvaterra convidounos a participar nun certame artístico sobre a Historia de Salvaterra, concretamente da Idade Media. Elaboramos os nosos traballiños ao mesmo tempo que investigamos, e coa información obtida elaboramos o programa de radio para A Voz da Escola.
Así fixemos o guión do programa e as nosas creacións artísticas:
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
artística,
falar,
historia,
investigación,
produción
6/3/17
SEMENTEIRA: FOLIOS XIRATORIOS
Escoitamos atentamente a charla de Aurora, a mamá de Raúl, e tomamos notas. Con esas notas cada equipo elaboramos un folio xiratorio coa información de interese que debemos ter en conta para a nosa sementeira. Xa sabemos moito máis!
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
escritura,
produción,
Quen sementa recolle
30/4/16
O NOSO PROGRAMA DE RADIO
Tocounos este mes facer o programa da Voz da Escola, e como celebramos o Día do libro investigamos sobre a Historia dos libros.
As nosas fontes:
Traballamos en equipo utilizando as estruturas cooperativas de lectura compartida e folio xiratorio:
Decidimos as músicas que utilizaríamos, o saúdo e o remate. Así quedou:
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
falar,
historia,
investigación,
produción
17/12/15
SERES VIVOS: O PRINCIPIO
Investigamos sobre a aparición dos seres vivos e as condicións para que haxa vida na Terra. En equipo ordenamos a información e preparamos uns libriños para a Biblioteca.
10/12/15
ÁLBUM DE PAXAROS
Rematado o noso álbum de paxaros, co que practicamos a busca de imaxes e o uso do ordenador para realizalo.
31/10/14
DOCUMENTAL: ALIMENTÁMONOS
Rematamos o noso documental, froito do traballo de moitos días nos que buscamos, compartimos e aprendemos sobre a nosa alimentación. Tamén aprendemos como se monta un vídeo, utilizando a ferramenta wevídeo, na que se traballa directamente en internet, moi fácil de usar e moi entretida (premer na imaxe)
Se non podedes velo ben, tamén na nosa canle: https://www.youtube.com/watch?v=S_Op9I75u-Q
22/9/14
O SAPO E O RAPOSO, 2ª PARTE...
Despois de escoitar o conto e conversar sobre el, tentamos darlle continuación cadaquén ao seu xeito, utilizando o ordenador:
3/5/14
INFORMATIVO CULTURAL
Este mes de abril correspondeu á nosa clase preparar o programa de radio, eliximos informar sobre as actividades culturais no noso municipio e buscamos a información na web do Concello. Atopamos moitas cousas, algunha que nin sequera sabiamos... seleccionamos e repartimos a información atopada porque todos queríamos dicir algo. Finalmente gravamos e engadimos música, fragmentos de A ratiña curiosa, do libro disco "Cartas que veñen e van" (Susa Herrera e Mamá Cabra).
Podes escoitar o noso programa na Voz da Escola
Etiquetas:
escoitar,
falar,
investigación,
produción,
proxecto Vivir xuntos
23/6/13
FIN DE CURSO CON PREMIO
Fin de curso e fin de ciclo, curiosas e curiosos, rematamos celebrando un recoñecemento ao voso traballo, ao interese, ás ganas de aprender, que nos mantiveron en actividade constante estes dous cursos: foi un verdadeiro pracer compartirlos convosco. Copio aquí a entrada da Xanela Aberta, blog dos colegas de 3º con quen compartimos este proxecto.
Felices vacacións, merecidas.
Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
Felices vacacións, merecidas.
Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu
sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por iso
ven de gañar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. Proba de que a competencia foi moi dura e que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces.
![]() |
| Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago |
Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!
A película premiada
Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.
28/5/13
COMO FIXEMOS..."ERNESTO BO DÍA"
Este curso iniciámonos na creación de curtas de animación. O libro elixido, xunto cos compañeiros de ciclo foi "Ernesto bo día", de José Campanari e Joao Vaz de Carvalho.
Aquí revivimos todo o proceso, moito traballo, pero tamén diversión:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








































