Como remate do traballo co libro "O raposo e a mestra" preparamos unhas rimas, para falar deste raposo que nos pareceu tan simpático, e tamén quixemos cantar as cancións do libro. Será a nosa actuación no festival de Nadal. Que ben o pasamos!
Mostrando entradas con la etiqueta o raposo e a mestra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o raposo e a mestra. Mostrar todas las entradas
18/12/15
10/12/15
O RAPOSO E A MESTRA, AS ILUSTRACIÓNS
As atractivas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano no libro que lemos fixeron que nos entrasen ganas de debuxar, e aquí están as nosas versións:
Etiquetas:
artística,
lectura,
libros,
o raposo e a mestra
16/11/15
O RAPOSO E A MESTRA: CANTANDO NOUTROS IDIOMAS
Pindo é un raposo moi particular, que ten o poder de hipnotizar cos seus ollos de lanterna, e aos hipnotizados dalles por cantar noutros idiomas. Todo un descubrimento na lectura deste conto, que nos entusiasmou. Así que, para seguir cantando, aquí queda "Il cavallo del bambino" (canción tradicional italiana) e "Frère Jacques" (canción popular francesa). A divertirse!
E para continuar, "I can sing a rainbow", cantiga de berce inglesa:
E "Schnappi das kleine krokodil", en alemán:
Etiquetas:
cancións,
libros,
linguas,
o raposo e a mestra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

