23/5/14

EXPERIENCIA: DEPURADORA DE AUGA

A auga é imprescindible nas nosas vidas. O seu uso correcto permitirá que todos vivamos mellor e a natureza non se contamine.
Observemos como está organizado o uso da auga nas vilas e cidades, e os procesos de tratamento tanto das augas potables como das augas residuais:

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/63_el_agua/actividades/activ_explorando_agua.html

Experimentamos seguindo as instrucións que vimos na revista "Reportero Doc" e comprobamos como funciona a depuración de augas residuais (ollo, ainda que sae limpa non é potable!) 


12/5/14

O CICLO DA AUGA

Vexamos atentamente esta animación porque despois teremos que recompoñela:

7/5/14

O SOÑO DE VOAR

Narrada por nenos e nenas de 3º de Primaria  coma nós, escoitade esta antiga historia na que Dédalo e o seu fillo Ícaro constrúen un aparello para voar:                         

                          

E agora atentos e atentas, porque despois de ver e escoitar este vídeo haberá que realizar unhas actividades:


3/5/14

INFORMATIVO CULTURAL

Este mes de abril correspondeu á nosa clase preparar o programa de radio, eliximos informar sobre as actividades culturais no noso municipio e buscamos a información na web do Concello. Atopamos moitas cousas, algunha que nin sequera sabiamos... seleccionamos e repartimos a información atopada porque todos queríamos dicir algo. Finalmente gravamos e engadimos música, fragmentos de A ratiña curiosa, do libro disco "Cartas que veñen e van" (Susa Herrera e Mamá Cabra).











Podes escoitar o noso programa na Voz da Escola