Xoga a construir un hexágono como este compoñendo as hortalizas como ti queiras. A túa composición triangular multiplicarase por seis de forma radial e simétrica como a visión dun caleidoscopio.
Escollemos para pintar este cadro de Maruxa Mallo, A sorpresa do trigo, puxemos en marcha as nosas habilidades para observar e producir as nosas versións.
Tamén investigamos sobre a importancia do trigo, e soubemos que este cereal está na base da alimentación humana dende hai miles de anos, unha das primeiras plantas cultivadas na Prehistoria.
Escoitamos atentamente a charla de Aurora, a mamá de Raúl, e tomamos notas. Con esas notas cada equipo elaboramos un folio xiratorio coa información de interese que debemos ter en conta para a nosa sementeira. Xa sabemos moito máis!
En equipo buscamos prezos en internet e fixemos unha selección das ferramentas e utensilios que consideramos necesarios para traballar na horta. Unha condición: non podíamos pasar de 50 euros.
Moito traballo arredor deste conto clásico, na nosa aula e tamén coa profesora de música, que nos facilitou a canción e nos axudou cos ensaios.
Aquí está a nosa narración musicada, que representamos no festival de Nadal, para que tamén a vexa a nosa compañeira Amy e os familiares que non puideron asistir.