Mostrando entradas con la etiqueta matematicaMente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matematicaMente. Mostrar todas las entradas

29/6/15

MATEMÁTICAS E ARTE

Mirando cadros de Paul Klee observamos polígonos de moitas clases e tamaños, círculos, liñas rectas e curvas que van dando forma a unha representación abstracta, na que o autor nos amosa unha realidade.  A partir de aí podemos imaxinar o que queiramos.
Non nos deu tempo, pero tal vez unhas boas historias...
Inspirándonos en cadros de Paul Klee, realizamos as nosas propias creacións. Utilizamos cera branda e démoslle un acabado con alkil.

                      

19/5/15

CONSTRUIR O TANGRAM

Na páxina "Matemáticas sin números" atopamos moitas actividades interesantes. A proposta  é construir co tangram, de maneira que chegaremos a coñecer mellor a relación entre as distintas pezas, iso axudaranos a ser máis hábiles con el.
Prememos na imaxe e seguimos os pasos:

http://contenidos.educarex.es/mci/2004/30/Descargas/Programas/tangram/redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/mate/mate2z.htm
Isto é o que descubrimos:
       

16/4/15

OS NÚMEROS E A SÚA HISTORIA

Este é o resultado do noso traballo de moitos días, lendo e investigando sobre a orixe dos números.
                        
                         OS NÚMEROS E A SÚA HISTORIA from sexamoscuriosos






 
                     

16/3/15

ROCHAS E MINERAIS

Aprendemos sobre os minerais que o medio físico nos ofrece, da súa utilización e ata da súa beleza:

http://chiscos.net/almacen/lim/xeosfera/xeosfera.html

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_4/cmedio/el_suelo/los_minerales/los_minerales.html

Moitos minerais toman formas xeométricas e a estrutura da materia que os forma organízase simétricamente, chámanse cristais, observa:

         

Xoga ao tetris para ver como se ordenan as partículas dos cristais:

http://lafactoria.lec.csic.es/beta/ctetris/

9/3/15

23/2/15

XOGO PARA PENSAR

Hai que levar o suministro de auga, electricidade e gas a tres vivendas, pero as liñas non se poden cruzar. A ver quen o consigue:

http://solidaridad.wix.com/juegos#!lineas-suministro/cnyv

19/2/15

ENTROIDO MATEMÁTICO

Preparamos os nosos disfraces para a comparsa do cole, que este ano tiña como tema as matemáticas. Medimos, cortamos, pegamos e deseñamos, calculadoras e básculas:

27/11/14

DONALD NO PAIS DAS MATEMÁXICAS

Sorpréndemonos tanto como Donald e dende agora activamos outra mirada, a mirada matemática. Despois de ver a película escribimos os nosos comentarios. Pincha na imaxe para velos todos:

http://linoit.com/users/sexamoscuriosos/canvases/Donald%20no%20pais%20das%20matem%C3%A1xicas