Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Xogamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Xogamos. Mostrar todas las entradas

7/5/19

CIRCUITOS ELECTRÓNICOS

Fixemos un tobogán para canicas



E plantexamos un reto electrónico: E se a canica cando chegue ten que acender unha lámpada led?
Repartidos en tres equipos investigamos e ideamos, utilizando cinta adhesiva de cobre e pilas de botón.




Todas as ideas funcionaron! E aplicamos unha delas ao noso tobogán de canicas


20/2/19

ENTREVISTAS SOBRE O XOGO

Falamos coas nosas familias sobre os xogos da súa infancia e ...cantas cousas nos contaron!

22/12/18

O XOGO NOS ANIMAIS

Xa temos o resultado da nosa investigación sobre o xogo nos animais. Podedes pinchar nas zonas do mural para lelo mellor:

15/11/18

O XOGO NAS NOSAS VIDAS

Entrevistamos, preguntamos, anotamos datos e fixemos a nosa propia reflexión sobre a presenza do xogo nas nosas vidas. recollemos os datos, contamos e representamos os resultados. Á vista das gráficas, interpretamos e anotamos conclusións.




Aquí podemos ver:
O máis importante: cantos xogos que nos apetece probar!

13/11/18

INVENTORES DE XOGOS

Bruno e máis Yoel cóntannos como fabricaron unhas superbolas de papel, ás que se lle poden dar múltiples usos. Eles quixeron traelas a clase e compartilas con todos nós. Xa veremos a que xogamos con elas, seguro que se nos ocurren moitas ideas.