Xoga a construir un hexágono como este compoñendo as hortalizas como ti queiras. A túa composición triangular multiplicarase por seis de forma radial e simétrica como a visión dun caleidoscopio.
A cuncha de vieira é un símbolo dos peregrinos. Pero, como é este animal? Interesamonos por coñecer a procedencia desa cuncha e aprendimos moitas cousas:
Escollimos na rede un modelo, que observamos e comentamos primeiro para non perder detalle sobre as cores, as formas, os tamaños, a luz... Pensamos que sería moi difícil pero conseguímolo, e que daron ben lucidos.
O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.
Máis tarde saimos con todo o cole a de visita á lonxa e o porto de Vigo, para coñecer tamén de preto a actividade da pesca, e aprender que a pesca ten que ser "sostible", é dicir, que hai que practicala seguindo unhas normas para conservar as especies e os hábitats. Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!!
Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??
Preparamos no ordenador este artigo para a revista escolar sobre as actividades económicas relacionadas co peixe.
Rematamos os nosos bodegóns, a partir dun modelo pero cadaquén co seu estilo propio, como debe ser. Observamos o modelo fíxándonos especialmente nos efectos da luz e na superposición das formas. Utilizamos ceras blandas.
Rematamos o noso documental, froito do traballo de moitos días nos que buscamos, compartimos e aprendemos sobre a nosa alimentación. Tamén aprendemos como se monta un vídeo, utilizando a ferramenta wevídeo, na que se traballa directamente en internet, moi fácil de usar e moi entretida (premer na imaxe)
Chegou o Entroido e con todo o cole disfrazámonos de froitas e hortalizas. A nós tocounos cenorias, ervillas e verzas. Puxémonos en marcha desplegando as nosas dotes artísticas. Os materiais: bolsas de plástico, goma eva, papel pinocho, cinta adhesiva, grapas... e moita, moita vontade.
Disfrutemos da montaxe que a profe Conchi preparou para nós, coa canción que aprendimos e bailamos neste Entroido 2013: