31/5/15

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.


Máis tarde saimos con todo o cole a de visita á lonxa e o porto de Vigo, para coñecer tamén de preto a actividade da pesca, e aprender que a pesca ten que ser "sostible", é dicir, que hai que practicala seguindo unhas normas para conservar as especies e os hábitats.
Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!! 

Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??




Preparamos no ordenador este artigo para a revista escolar sobre as actividades económicas relacionadas co peixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario