Moi pronto cousiñas que contar, polo de agora aquí as imaxes prometidas. Que pasedes un bo Entroido!
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
21/2/20
2/3/17
DISFRACES: HABITANTES DA HORTA
Así de ben traballamos e colaboramos facendo os nosos disfraces para o desfile do cole.
A nós tocáronnos os insectos!
A nós tocáronnos os insectos!
Etiquetas:
artística,
entroido,
Quen sementa recolle
8/2/16
ENTROIDO: MONXES MEDIEVAIS
Chegou o Entroido e tocounos disfrazarnos de monxes medievais para a comparsa do cole, co tema do noso proxecto "Camiños a Santiago". Despois de informarnos soubemos que os monxes copiaban textos en pergamiños e máis tarde en papel, e reuníanos nuns libros chamados códices que se conservaban nas Bibliotecas dos mosteiros.
Preparamos os nosos pergamiños manchando a copia con café para dar aspecto de antiguo e fixemos o noso disfraz:
19/2/15
ENTROIDO MATEMÁTICO
Preparamos os nosos disfraces para a comparsa do cole, que este ano tiña como tema as matemáticas. Medimos, cortamos, pegamos e deseñamos, calculadoras e básculas:
4/3/14
OS SERVIZOS PÚBLICOS: ENTROIDO 2014
Elaboramos os nosos disfraces dos servizos de mantemento do Concello, coa axuda das nosas familias. Lucímolos no desfile xunto cos bombeiros, carteiros e policias... bailamos as nosas coreografías e pasamos unha mañá divertida.
Aprendemos algunhas cousas, por exemplo como é o escudo de Salvaterra ou como se escribe a palabra ADHESIVO...tamén fixemos practicas de medidas de lonxitude.
23/2/14
A CANCIÓN PARA O ENTROIDO
Chega o Entroido e preparamos disfraces e cancións. Xunto con todo o cole faremos unha representación dos servizos públicos do Concello, a nós tocounos o persoal de mantemento, esas persoas que fan que todo estea limpo e que o día a día da vila e as parroquias funcione adecuadamente.
Esta é a nosa canción, baseada na melodía que nos proporcionou a profe de música (Llegó el cartero de Carlitos Bala).
Agora a practicar:
Agora a practicar:
Chegan os traballadores
os que coidan do teu pobo
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos
Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas
a ver quen chega primeiro.
Se nos axudas é máis fácil traballar
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar
e así vivir xuntos aquí será un pracer
Etiquetas:
cancións,
entroido,
música,
proxecto Vivir xuntos,
sociedade
11/2/13
DISFRACES: ALIMENTOS SAUDABLES
Chegou o Entroido e con todo o cole disfrazámonos de froitas e hortalizas. A nós tocounos cenorias, ervillas e verzas. Puxémonos en marcha desplegando as nosas dotes artísticas. Os materiais: bolsas de plástico, goma eva, papel pinocho, cinta adhesiva, grapas... e moita, moita vontade.
Disfrutemos da montaxe que a profe Conchi preparou para nós, coa canción que aprendimos e bailamos neste Entroido 2013:
14/2/12
COÑECENDO AS CONSTELACIÓNS
Hoxe comezamos a facer os disfraces de constelacions. Cada un eliximos a sortes por que todos querian a que mais lle gustaba: Dragon, Andromeda, Piscis...
Alexia trouxo este libro, que nos gustou moito.
Por: Ángela, Eva, Darío, Guillermo, Lucía e Alba
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







