23/2/14

A CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Chega o Entroido e preparamos disfraces e cancións. Xunto con todo o cole faremos unha representación dos servizos públicos do Concello, a nós tocounos o persoal de mantemento, esas persoas que fan que todo estea limpo e que o día a día da vila e as parroquias funcione adecuadamente. 
Esta é a nosa canción, baseada na melodía que nos proporcionou a profe de música (Llegó el cartero de Carlitos Bala).





Agora a practicar:

Chegan os traballadores
os que coidan do teu pobo
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis fácil traballar
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar
 e así vivir xuntos aquí será un pracer


No hay comentarios:

Publicar un comentario