Mostrando entradas con la etiqueta traballos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos. Mostrar todas las entradas

31/5/15

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.


Máis tarde saimos con todo o cole a de visita á lonxa e o porto de Vigo, para coñecer tamén de preto a actividade da pesca, e aprender que a pesca ten que ser "sostible", é dicir, que hai que practicala seguindo unhas normas para conservar as especies e os hábitats.
Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!! 

Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??




Preparamos no ordenador este artigo para a revista escolar sobre as actividades económicas relacionadas co peixe.

7/4/14

FERRAMENTAS, MÁQUINAS E APARELLOS

Le a información e realiza as actividades:



14/3/14

ENTREVISTA A ISABEL


Isabel é a porteira do cole de Leirado.
O seu traballo consiste en cerrar e abrir o colexio e limpalo. 
 A ela gustalle moito o seu traballo e facelo.
Leva 27 anos traballando no colexio.


Non traballa en mais sitios.
Isabel non se acorda de como se fai hoxe en día para traballar nos servizos publicos.
As clases que menos lle custa limpar son as que teñen menos terra.
Os utensilios que mais usa mais son a vasoira e a fregona. 
No seu tempo libre dedicase acoidar a súa horta, á casa, e no verán á piscina.

 Que debemos facer nós?
Tirar os papeles na papeleira.
Limpar os pes antes de subir.
Separar ben o lixo.
Respetar  as  plantas.
Tirar as cisternas.
Recoller os xoguetes da sala de xogos e da casita.


4/3/14

OS SERVIZOS PÚBLICOS: ENTROIDO 2014

Elaboramos os nosos disfraces dos servizos de mantemento do Concello, coa axuda das nosas familias. Lucímolos no desfile xunto cos bombeiros, carteiros e policias... bailamos as nosas coreografías e pasamos unha mañá divertida.
Aprendemos algunhas cousas, por exemplo como é o escudo de Salvaterra ou como se escribe a palabra ADHESIVO...tamén fixemos practicas de medidas de lonxitude.



Aquí está a nosa canción, grazas á profe Leti por axudarnos a preparala e gravala
:

14/5/12

UN TRABALLO ARTESANAL: A CESTERÍA


Imaxe: http://www.galiciaespallada.com.ar/
O traballo dos artesáns é aquel que se realiza principalmente coas mans e coa axuda de pequenos utensilios. Tradicionalmente en Galicia, igual que en outros lugares, e dende tempos moi antigos, as persoas elaboraban artesanalmente moitos obxectos de uso diario: de barro, de pau, de palla, de tea, etc.
Como estamos aprendendo unha técnica de facer cestas, imos informarnos sobre esta actividade tradicional, para completar a exposición dos nosos traballos:
Entrevista a dous cesteiros (Ponte nas ondas 2009):

             

3/5/12

MERCAR E VENDER

                      Información sobre a actividade do COMERCIO:


Para aprender máis:





E a nosa definición de PUBLICIDADE

                                                      

3/5/11

ACTIVIDADES ECONÓMICAS: LEMBREMOS

Preme na imaxe para acceder ao cuestionario e comprobar o que sabes.