11/12/11

O MISTERIOSO EXIPTO, UN TRABALLO COLABORATIVO.

Aquí está, preparado para ler, o noso conto. Agora hai que prepararse para contarllelo aos compañeiros e compañeiras:

                           

23/11/11

SUMAS

Seguindo co cálculo mental, practicaremos sumas con este xogo. Adiante.


17/11/11

UNHA LENDA

Aprendemos que é unha lenda.
 Contamos a lenda do Ara Solis.





Imaxe da wikipedia. Preme para ler información.

7/11/11

O SENTIDO DA VISTA

O órgano onde reside o sentido da vista é o ollo. Vexamos como é e como funciona:

30/10/11

OS LIBROS DA SAÚDE

Pincha na mazá para facer o cuestionario de repaso.

gifmania.com

19/10/11

O CORPO E A SAÚDE

Decidimos facer un LIBRO DA SAÚDE, para ter cada un e cada unha e lembrar sempre como debemos actuar para coidar o noso corpo e sentirnos ben.

Consultaremos nesta páxina e faremos as actividades:


Tamén leremos e consultaremos no libro de clase e nos libros da Biblioteca, iremos anotando o importante no noso caderno.

  1. Xunto co noso equipo, decidiremos que apartados imos tratar e faremos un índice.
  2. Cada un /unha deseñará a súa portada, distinta e orixinal.
  3. Escribiremos o indice na primeira páxina.
  4. Escribiremos en cada apartado todo o que acordamos co noso equipo.
  5. Na última páxina escribiremos os datos dos libros e das páxinas que consultamos.
  6. Poñeremos as grapas, e listo!

                                                 

5/10/11

A CALCULAR

A calcular con estes divertidos personaxes. Faite un as do cálculo!


A ver... uns pequenos truquiños para a suma:


Agora seguro que podes inventar os teus truquiños para a resta, non?



3/10/11

O CORPO EN MOVEMENTO

Estamos aprendendo como é e como funciona o noso APARATO LOCOMOTOR. Practica con estas actividades:


22/9/11

COMEZAMOS TERCEIRO

O primeiro día presentámonos para que a profe nos coñeza mellor; pero cada un de nós presentou a  outro compañeiro ou compañeira...
De quen estamos a falar?

"Es de Meder, es guapa, lista, buena y su comida preferida son los espaguetis. Es un poco habladora, le encanta la pisicina y es muy graciosa"

"Gústanlle os animais e o futbol. E meu amigo, é xeneroso, xoguetón e moi alegre"

"Es educada y guapa. Le gusta mucho el futbol y también los gatos, el verde claro y el azul. Quiere ser científica"

"Le gusta el color rosa y también le gusta Wix club y jugar al escondite"


"Es muy buena, su comida favorita son los espaguetis con albóndigas y salsa de tomate.Cuando alguien se hace daño le ayuda"

"Es algo bueno, le gusta el futbol, comparte ceras y más cosas, habla un poco, se preocupa por los demás."

"Gústanlle os animais, e o futbol, comparte e tamén axuda".

"Es guapa, le gusta el rojo y le gusta el futbol."

" Es mi amigo. le gusta el futbol, es simpático, bajo y listo. Su comida preferida es el churrasco y su color el amarillo. Tiene 8 años y cumple años el 7 de abril. Tiene un hermano que se llama Brais. Es muy gracioso y juguetón, vive en Leirado, Medóns, y va a mi cole."

"Es del Barsa, le gusta Selena gomez, comparte sus cosas, es alta, guapa, lista y muy estudiosa."

"É bo, educado, guapo e listo, non suspende. Non grita, é limpio non tira a basura ao chan. está atento ás cousas que di a profe e aproba todo."

" Es muy divertida, risueña, buena, comparte mucho. es guapa y su color favorito es el rosa."




"Es mi amigo y le gusta jugar al futbol. es bueno y alegre, es mi compañero de clase."

"Es mi mejor amigo y mide uno treinta, es un buen amigo, su juego preferido es la pelota, va a la piscina, es trabajador, responsable y juguetón"

"Es mi amiga, es muy buena. le gusta Justin Bieber. Estudia. Le gusta el Madrid."

"Le gusta jugar al futbol y andar en bici. Es simpático, le gusta hacer dibujos y le gusta ir a la playa."

11/7/11

ABERTO POR VACACIÓNS

Aquí tedes unha gran variedade de actividades, ofrecidas pola "Junta de Castilla y León" este verán, por se vos apetece pasar o tempo con elas nalgún momento.

22/6/11

O CAN E O GOLFIÑO

 Para despedir o curso, un agasallo: este bonito vídeo. Felices vacacións.
    

12/6/11

VIAXE POR GALICIA

Como resultado do traballo realizado, xunto cos compañeiros/as de ciclo, aquí quedan estes vídeos para lembrar:



 







10/6/11

VIAXE POR GALICIA

Este é o percorrido da nosa viaxe virtual por Galicia:







3/6/11

O POEMA FAVORITO

O poema que máis gustou foi: 
        NA CARREIRA DOS ANIMAIS       
           
                Na carreira dos animais                                           O cabalo
                o que vai diante                                                       brinca tras do valo.
                non é o que corre máis.                                           O elefante
                O ornitorrinco                                                         vai moi elegante
                é o número cinco.                                                    e o canguro
                O guepardo                                                             salta campos e algún muro.
                marcha como un dardo.                                           Na carreira dos animais
                O mosquito                                                              ninguén leva un premio
                nin o deixo nin o quito.                                             porque corra máis.
                O morcego                                                        
                voa coma un pego                                                      (Ana Mª Fernández)
                                                                                                  

27/5/11

POEMAS QUE ME CANTOU O GRILO

Despois de ler este libro, recitar os poemas e ilustralos, imos ter a sorte de coñecer á súa autora moi pronto. Inventaremos unha poesía para regalarlle a Ana Mª Fernández. Fai unha lista de palabras que rimen con Ana María.

Preme na imaxe para elixir  o  POEMA FAVORITO:

9/5/11

COÑECER GALICIA

Faremos unha viaxe virtual por Galicia, visitando cidades e paisaxes naturais polas catro provincias. Buscaremos nos libros e nas seguintes páxinas:

Distribuiremos os lugares e traballaremos por parellas. Logo, transmitiremos a nosa información aos demais.

3/5/11

ACTIVIDADES ECONÓMICAS: LEMBREMOS

Preme na imaxe para acceder ao cuestionario e comprobar o que sabes.

3/4/11

POESÍAS

https://drive.google.com/open?id=0BzF-UYRQFV0SMGEzZTFkZDItM2E5Mi00OGZhLTgwZDAtZWRlNGY4YTBkOWQx
Todas as palabras serven para facer poemas. Só hai que colocalas de forma que soe agradable a quen as escoita ou a quen as le.
Esta vez substituimos nomes, adxectivos e verbos do poema de Álvaro Cunqueiro "No niño novo do vento".




Agora, a lelas e a disfrutar delas.

25/3/11

FUNCIONOU!


Quixemos construir  a nosa propia maquiniña de  calcular.  Seguimos as instruccións paso a paso, lendo no libro que trouxemos da Biblioteca... traballamos ben en equipo... e funcionaron todas.







A electricidade pasa a través dos fíos e acende a lámpada.
De onde ven esa enerxía?
Que é o que a produce?

22/3/11

FRACCIÓNS

Aprende o significado das fraccións: le con atención e pensa ben antes de responder.

16/3/11

A FRAGA MISTERIOSA

Un traballo feito coas ideas de todos e todas: listo para ver e escoitar.


                         

Tamén podes ler o texto AQUÍ.

12/3/11

CLASES DE PALABRAS

Temos que conseguir recoñecer  as clases de palabras. Estas actividades pódennos axudar. Comeza polos nomes (substantivos), adxectivos e determinantes. O enlace a esta páxina quedará no apartado de SITIOS QUE NOS INTERESAN para traballar sempre que queiramos.
(Actividades de J.A. del Olmo)

8/3/11

FONTES DE ENERXÍA

Repasemos o aprendido sobre a produción de enerxía. Preme na imaxe, le, observa, comenta o que pensas sobre este tema e se tes dúbidas, aclararémolas na clase.
http://profesorfrancisco.wikispaces.com/file/view/RenovablesRaimon-11.swf/337255084/RenovablesRaimon-11.swf

(Animación atopada en accionatura.org)

                            COMPROBA O QUE APRENDICHES

18/2/11

REPASEMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

 Xa casi as sabemos, pero aínda hai algunha que se resiste, así que  practiquemos con estes simpáticos marcianos. Preme na imaxe:
http://matematicasonline.es/pequemates/pequemates8/flash/tablalunar.swf
(Da páxina amolasmates.es)

15/2/11

RECIBIMOS CARTAS

Por fin chegaron as cartas que esperábamos, dos amigos e amigas doutro cole, que moi pronto imos coñecer en persoa. Lemos todas as cartas, algunhas varias veces... agora tócanos a nós responder. Seguro que eles xa están agardando.

12/2/11

INVESTIGAMOS SOBRE OS ECOSISTEMAS

Cando queremos aprender sobre un tema é mellor consultar en varios sitios, libros ou páxinas web,para que a información sexa máis completa.Como fixemos cando estudiamos os ecosistemas.
                        

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Esta é unha versión actual do conto de Hans Chistian Andersen.
Ademais de ver o vídeo e escoitar o conto, moi ben feito,  podemos comprobar como un metal que é o chumbo, se derrete coa calor e así pódeselle dar a forma que se queira, como vimos cando estudiamos os metais.


O SON E AS BALEAS

Estes días andivemos aprendendo que é o son, como se produce e como se propaga. Neste libro aclaramos algunhas dúbidas, por exemplo que o son se propaga pola auga catro veces máis rápido que polo aire:
"Experimenta con la ciencia" SONIDO, da editorial Parramón.

Tamén escoitamos sons das baleas: