29/4/12

A AVENTURA SORPRENDENTE DUN HOMIÑO MOI VALENTE

Último día, parece que esta vez xa tiñan lido o conto os nosos compañeiros/as de 2º, pero deulles igual porque riron e rimos igual coa Aventura sorprendente dun homiño moi valente. Leron: Laura Romero, Darío e Óscar.

27/4/12

CONFUNDINDO HISTORIAS


Xoves, hora de ler, alguén dixo "xa pensamos que non viñades hoxe" (e que tardamos un pouco preparando a lectura). Eliximos Confundindo historias de Gianni Rodari. Tocan risas, e algún proxecto xa en mente para seguir confundindo outras historias...
Leron: André, Miguel e María.

25/4/12

A PRINCESA SABELA

Hoxe compartimos coa clase de 2º: A princesa Sabela

Sabela está farta de ser unha princesa porque é moi aburrido e  non pode facer o que ela quere...

Leron: Isaac, Guillermo e Ángela

24/4/12

O SOUTO ESCURO E PERIGOSO

Esta vez, un conto de medo, O souto escuro e perigoso.

Un lobo moi perigoso e un oso tamén moi, moi perigoso, non conseguen asustar ao coelliño. Por que será?

Leron: Cristian, Lara, Rubén e Alexia.






23/4/12

XANARDÁN E ABECHA

Esta semana lemoslles contos aos compañeiros/as de 2º na hora de ler. O primeiro: Xanardán e a becha


Xanardán faille un favor a unha cobra e esta, que é unha desagradecida, quéreo papar. Pero
a raposa, coma sempre moi lista, consegue resolver o caso.
Leron: Damián, Eva, Laura Rodríguez e Lucía.





12/4/12

INFORMACIÓN SOBRE OS RIOS

Le e aprende como son os ríos, coñece as súas características en cada parte do seu percorrido:


Preme na imaxe para ver fotos dos lugares onde nace o río Miño:


E aquí tes unha imaxe da wikipedia do lugar onde desemboca no océano Atlántico, e información sobre o gran río de Galicia:


2/4/12

ESTUDAMOS A LAMPREA

Participamos con todo o cole nos traballos sobre a lamprea e a súa pesca. Conxuntamente con compañeiros/as de 4º tocounos facer o estudo do animal. Todo o que fixemos e o que aprendemos está recollido aquí: 


E esta foi a nosa conferencia, en que contamos ao resto do cole o que sabemos despois da nosa investigación: