22/6/12

FIN DE CURSO

Un ano máis na nosa liña do tempo, e moitas cousas pasaron.

 



                              Aquí está o voso vídeo, rematado.
                                     Boas vacacións!!!!

             

20/6/12

PROGRAMA TV

Despois de reunir a información necesaria elaboramos o noso programa, cada equipo na súa responsabiblidade: redactores/as, reporteiros/as, presentadores/as, equipo técnico... ensaiamos, gravamos e o resultado quedou así:


          

12/6/12

GÚSTANOS A XEOMETRÍA

Hai uns días demos vida ás figuras xeométricas formando composicións moi artísticas. Cadrados, triángulos, rectángulos, hexágonos... que de un en un non nos dicían nada, ao encaixarse adquirían significado:

Agora, facemos o contrario. Observaremos como hai xeometría nas nosas vidas e no mundo que nos rodea. Curiosas e curiosos, anotamos as nosas observacións:

O reloxo e un circulo.
As  agullas  do reloxo  forman  angulos.
As teclas do ordenador son cuadradas.
Os tellados son triangulares.
As caras da caixa poden ser rectangulares ou cadradas.
As ventanas son rectangulares.
 As rodas da bici son circurferencias e teñen radios.
O gorro de festa ten forma de cono e na parte de abaixo ten unha circunferencia.
Cando abrimos as paxinas dun libro formanse angulos.
A esquina dun libro e un angulo recto.
Os andeis da  bilioteca son liñas rectas.
As columnas poden ser cilindricas ou prismas.
As lamparas fluorescentes que son paralelas.

1/6/12

APRENDEMOS ECOLOXÍA

Buscando noticias para o noso traballo, atopamos cousas que nos gustan. Por exemplo, estas actividades sobre o tratamento dos residuos:


Puidemos saber que o próximo 5 de xuño é o Día Mundial do Ambiente, programa das Nacións Unidas, que nos convida a actuar cada día en favor do Planeta e da Biodiversidade. 
Nesta páxina aprenderemos máis sobre conceptos que escoitamos falar aos maiores, ou nos medios de comunicación. Axudaranos a preparar noso programa especial de noticias ecolóxicas.