19/12/13

XA NOS COÑECEMOS MELLOR

Xa sabemos moito máis de nós mesmos e das nosas familias, redactando as nosas autobiografías e facendo árbores xenealóxicas. Preguntamos, recollemos datos, escribimos, falamos, lemos, debuxamos, calculamos...

9/12/13

CLASIFICACIÓNS DOS ANIMAIS

Os científicos clasifican os animais agrupándoos polas características que teñen en común: como nacen, como se desprazan, como respiran, como é o seu corpo... etc. A clasificación principal é VERTEBRADOS/ INVERTEBRADOS. Repasamos  con estas actividades:






8/12/13

NARRAMOS XUNT@S: QUEN ME QUERE ADOPTAR?

Lembrando a lectura  que nos fixo a mamá de Mara, recuperamos esta bonita historia narrando entre todos e todas.
A nosa contacontos agasallounos cunha marioneta de papel de Manuel, o protagonista.


                                    

3/12/13

A LEBRE E A TARTARUGA

As fábulas son relatos onde os protagonistas case sempre son animais que falan, conviven e se comportan como persoas. Ademais sempre transmiten un consello ou ensino ao final. 
Dende moi antigo se escribiron fábulas para poñer exemplos de conductas adecuadas e inadecuadas.
Le o texto de "A lebre e a tartaruga", preme na imaxe para ampliar:


Mira a curta nunha antiga versión de Disney:

                             

2/12/13

A DIFERENZA

Se buscamos a diferenza entre dous números estamos realizando unha operación de RESTA.
Cando nos pesamos representamos todos os datos nunha gráfica, na que vimos mellor as diferenzas entre nós:







Cando buscamos o número que falta, tamén realizamos unha operación de resta.
Practica, canto falta para o 10?  Canto falta para o 20?




14/11/13

APARATO LOCOMOTOR

Documental sobre o aparato locomotor: esqueleto e musculatura:

                           

E agora escoita e canta a canción de Migallas "O esqueleto", que nos axudará a lembrar os nomes dos ósos. Vídeo do cole ADR Castelao de Ordes.

          

3/11/13

SEGUIMOS CON NÚMEROS

Descomposición:




Aproximación á unidade de mil:


Máis exercicios:



25/10/13

LEMBRANZAS


Lemos na Biblioteca o libro "Onde van os bebés": Berto e Poti son dous osiños de peluche que teñen moitos anos pero non medran nunca. Teñen nostalxia dos seus bebés porque eses sí que medraron e xa non están. Bebé ten que traquilizar a Poti e dicirlle que o lembrará sempre.
Nós tamén quixemos lembrar os nosos xoguetes favoritos ou obxectos que teñen unha lembranza especial para nós: 



10/10/13

EXPLORA O CORPO HUMANO

Un paseo por todos os aparatos e órganos do noso corpo. Pincha, observa e le.



7/10/13

ETAPAS DA VIDA

A primeira etapa das nosas vidas é A XESTACIÓN:




Ao longo das nosas vidas cambiamos moito e pasamos por varias etapas:



1/10/13

NUMERACIÓN

Construir e descompoñer números:




26/9/13

25/9/13

PRESENTÁMONOS

 Nov@s curiosos e curiosas presentan, para comezar o curso, o mellor de sí mesmos:                

                      

22/7/13

MÁIS ENREDOS!

Pon a proba a túa capacidade de observación e atopa as diferencias:



Ou intenta construir estes cadrados, onde podes ir subindo o nivel de dificultade:



Estes e moitos máis en  http://jogosdidaticos.no.sapo.pt/

3/7/13

ENREDOS PARA AS VACACIÓNS

Actividades para todos os cursos, elixe as túas:


Xoga coa memoria:

                            

Torre de Hanoi: traslada a torre a outro lado, pero sempre unha peza maior abaixo e menor encima (comeza con poucas pezas). 

                                     
                           
                               

23/6/13

FIN DE CURSO CON PREMIO

Fin de curso e fin de ciclo, curiosas e curiosos, rematamos celebrando un recoñecemento ao voso traballo, ao interese, ás ganas de aprender, que nos mantiveron en actividade constante estes dous cursos: foi un verdadeiro pracer compartirlos convosco. Copio aquí a entrada da Xanela Aberta, blog dos colegas de 3º con quen compartimos este proxecto.
Felices vacacións, merecidas.

Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso  de curtas de animación en galego  Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por iso ven de gañar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. Proba de que a competencia foi moi dura e que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces. 

Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago
 Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!

 A película premiada


  

Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.

21/6/13

XOGA E APRENDE COA ARTE

Estes días experimentamos coas cores con esta proposta de MENUDO ARTE ( pincha para ver ou imprimir outras propostas artísticas). Pintamos sobre un autorretrato de Van Gogh tratando de representar distintos estados de ánimo con cores cálidas ou frías.

                         

Para seguir xogando coa arte explora nesta páxina, actividades de plástica e música que seguro che gustarán:



18/6/13

INVENTOS

Ao longo da Historia moitos inventos humanos foron mellorando as nosas vidas ata hoxe. Aquí tes un resumo dos máis importantes:


Ver vídeos sobre a imprenta (comezos da Idade Moderna) e a máquina de vapor (comezos da Idade contemporánea).

13/6/13

PASATEMPOS PREHISTÓRICOS

Xoga, aprende, repasa...


11/6/13

OLERÍA: ARTE E UTILIDADE

No Neolítico nace a agricultura e a gandeiría. Ao mesmo tempo nacen os tecidos e tamén a cerámica.
Os primeiros recipientes de barro cumprian a función de gardar auga, sementes ou produtos agrícolas. Pero tamén se atoparon figuras humanas de barro destas épocas: había interés artístico! Así o proban os adornos que aparecen nos restos arqueolóxicos.

                         

Investigamos  e  convertímonos en creadores: 

     

 A alfarería é un oficio artesanal que chega ata os nosos días. En Galicia consérvase esta tradición en varios lugares, así o aprendemos no traballo que fixemos todos no colexio: ACHEGÁMONOS Á OLERÍA.

4/6/13

A MÁQUINA DO TEMPO

Móvete polo tempo para coñecer o modo de vida noutras épocas e os acontecementos importantes. Boa viaxe!


Por certo, quen é Cronos??

31/5/13

PRIORIDADE DE OPERACIÓNS

Cando hai que realizar operacións combinadas teremos en conta:
Primeiro sempre o parentesis.
Se non hai parentesis, primeiro multiplicación e división, despois suma e resta. Ollo porque o resultado non é igual!




28/5/13

COMO FIXEMOS..."ERNESTO BO DÍA"

Este curso iniciámonos na creación de curtas de animación. O libro elixido, xunto cos compañeiros de ciclo foi "Ernesto bo día", de José Campanari e Joao Vaz de Carvalho.
Aquí revivimos todo o proceso, moito traballo, pero tamén diversión:

                  

HOTEL CONFUSIÓN

A nosa estrea, para lembrar:

21/5/13

BUSCAR O QUE FALTA

Seguimos poñendo a proba o noso cálculo mental:

15/5/13

ESTREAMOS A NOSA OBRA

Esta é a nosa primeira obra de teatro, escrita en conxunto, primeiro cada equipo unha escena e posteriormente posta en común para os arranxos. Estamos orgullosos.

                             ImageChef Sketchpad - ImageChef.com

 Lucía fixo esta publicidade:

                                                      

14/5/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Hai 150 anos, en 1863, publicábase "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, un dezasete de maio. Neste día, e dende 1963, se celebra o Día das Letras Galegas homenaxeando a un autor ou autora.
Este ano trátase de  Roberto Vidal Bolaño, actor, autor e director de teatro. Con estas actividades (da Biblioteca do CEIP Mallón) coñeceremos máis sobre el e sobre a súa obra.




4/5/13

TODO SOBRE GALICIA

Rematamos os traballos sobre a nosa Comunidade Autónoma: a organización do territorio, o relevo, o clima, a poboación, historia e prehistoria... todo recollido nestes libriños "interactivos" ( hai que buscar, tirar, levantar, descubrir a información que tan cuidadosamente buscamos e organizamos, en equipo):


Equipo A

Máquinas a cen


Alba

Curiosos LRE

Os tres eles

Superequipo

                                                         VER MÁIS FOTOS


2/5/13

TRUCOS DE CÁLCULO

Máis ideas para calcular:



Tamén podes facer multiplicacións facilmente , así:


A practicar!

29/4/13

SITÚATE NO TEMPO

Todas as unidades de medida do  tempo ¡dende o segundo ata o milenio! Pon a proba os teus coñecementos:


23/4/13

DÍA DO LIBRO

Hoxe  compartimos un vídeo feito por dous alumnos de ESO do IES Pazo da Mercé das Neves, que o resume case todo sobre os libros e a lectura, incluindo as mensaxes das imaxes.
Gústavos?
                             UN LIBRO, UN AMIGO 23 DE ABRIL DO 2013 on PhotoPeach   

15/4/13

A COSTA

Galicia ten moitos quilómetros de costa, ten rías, acantilados,  praias, golfos, cabos, illas... repasa estes conceptos coas seguintes actividades, e se non lembras algún mira as explicacións: