28/2/13

IMITANDO A ROSALÍA

Construimos poemas seguindo o esquema de "Has de cantar" de Rosalía de Castro. Fixémolo en equipo, por iso nos quedaron así de ben:

24/2/13

O VOLUME

Cando nos preguntamos a diferencia entre un cadrado e un cubo rápidamente Eva respondeu: o cubo está en 3D. 
Ben, as películas en 3D representan a realidade, pero nunha pantalla plana.
Que quere dicir 3D?

imaxe: proxecto agrega
Investigamos con palillos e plastilina: un de longo, un de ancho, un de alto, 3D, ... e algunha diagonal para dar forma aos obxectos que íamos construindo:

                                 
                                    

Para practicar:





19/2/13

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

Traballamos investigando sobre distintos espazos naturais protexidos en Galicia e  no resto de España. Recollemos o máis importante sobre os Parques que a cada parella nos gustaron máis. Aprendimos moitas cousas e fixemos entre todos esta presentación para contalo aos demais:






11/2/13

DISFRACES: ALIMENTOS SAUDABLES

Chegou o Entroido e con todo o cole disfrazámonos de froitas e hortalizas. A nós tocounos cenorias, ervillas e verzas. Puxémonos en marcha desplegando as nosas dotes artísticas. Os materiais: bolsas de plástico, goma eva, papel pinocho, cinta adhesiva, grapas... e moita, moita vontade. 
Disfrutemos da montaxe que a profe Conchi preparou para nós, coa canción que aprendimos e bailamos neste Entroido 2013: