Fin de curso e fin de ciclo, curiosas e curiosos, rematamos celebrando un recoñecemento ao voso traballo, ao interese, ás ganas de aprender, que nos mantiveron en actividade constante estes dous cursos: foi un verdadeiro pracer compartirlos convosco. Copio aquí a entrada da Xanela Aberta, blog dos colegas de 3º con quen compartimos este proxecto.
Felices vacacións, merecidas.
Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
Felices vacacións, merecidas.
Unha vez que rematamos a rodaxe da película, Ernesto e o resto dos personaxes partiron rumbo a Santiago, para intentar gañar o concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
E o nóso Nestiño non nos defraudou: Despregou o seu
sorriso máis grande e rouboulle o corazón aos membros do xurado. Por iso
ven de gañar o premio dentro da categoría de 2º ciclo. E tívose que empregar a fondo. Proba de que a competencia foi moi dura e que o xurado otorgou o premio ex-aequo* entre a nosa curta e "Troco" do CEIP de Merza-Vila de Cruces.
Os protagonistas fotografáronse diante do cole antes de partir cara a Santiago |
Todo esto non tería sido posible sen a vosa ilusion, alegría, creatividade, esforzo, inxenio, paciencia, ............ e o voso traballo ¡moitas grazas a todas e a todos!
A película premiada
Entre os traballos presentados na categoría do 2º ciclo, o xurado acordou conceder unha mencion especial á película Ernesto Bo Día do Colexio de Educación Especial Vilagarcía de Arousa. Merecido recoñecemento ao esforzo destas nenas e nenos que rodaron unha curta divertida na que a historia é unha canción. Gustaravos.