20/12/13
19/12/13
XA NOS COÑECEMOS MELLOR
Xa sabemos moito máis de nós mesmos e das nosas familias, redactando as nosas autobiografías e facendo árbores xenealóxicas. Preguntamos, recollemos datos, escribimos, falamos, lemos, debuxamos, calculamos...
9/12/13
8/12/13
NARRAMOS XUNT@S: QUEN ME QUERE ADOPTAR?
Lembrando a lectura que nos fixo a mamá de Mara, recuperamos esta bonita historia narrando entre todos e todas.
A nosa contacontos agasallounos cunha marioneta de papel de Manuel, o protagonista.
Etiquetas:
contos,
falar,
lectura,
libros,
proxecto Vivir xuntos
3/12/13
A LEBRE E A TARTARUGA
As fábulas son relatos onde os protagonistas case sempre son animais que falan, conviven e se comportan como persoas. Ademais sempre transmiten un consello ou ensino ao final.
Dende moi antigo se escribiron fábulas para poñer exemplos de conductas adecuadas e inadecuadas.
Le o texto de "A lebre e a tartaruga", preme na imaxe para ampliar:
Mira a curta nunha antiga versión de Disney:
2/12/13
A DIFERENZA
Se buscamos a diferenza entre dous números estamos realizando unha operación de RESTA.
Cando nos pesamos representamos todos os datos nunha gráfica, na que vimos mellor as diferenzas entre nós:
Cando buscamos o número que falta, tamén realizamos unha operación de resta.
Practica, canto falta para o 10? Canto falta para o 20?
Etiquetas:
cálculo,
gráficas,
proxecto Vivir xuntos,
resta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)