26/3/14

20/3/14

CARTAS SORPRESA

Puxemos a proba o funcionamento do Correo mandándonos cartas entre nós, un par de días de intriga e... CHEGARON!



Púxémonos igual de contentos que Tigre no conto "Correo para tigre", que lemos na clase. Aquí queda unha versión en vídeo deste bonito libro.


 

18/3/14

RECITADOS PARA XOGAR

Esta cantiga para xogar aprendina do meu avó: 

Conta xusta
 rematada
dixo o cura
 da Gulada
son tres porcos,
seis touciños,
doce patas,
tres fociños,
seis orellas
e tres rabos,
que son trinta,
ben contados.
(Aroa)

Moitos coma este nesta páxina:


14/3/14

ENTREVISTA A ISABEL


Isabel é a porteira do cole de Leirado.
O seu traballo consiste en cerrar e abrir o colexio e limpalo. 
 A ela gustalle moito o seu traballo e facelo.
Leva 27 anos traballando no colexio.


Non traballa en mais sitios.
Isabel non se acorda de como se fai hoxe en día para traballar nos servizos publicos.
As clases que menos lle custa limpar son as que teñen menos terra.
Os utensilios que mais usa mais son a vasoira e a fregona. 
No seu tempo libre dedicase acoidar a súa horta, á casa, e no verán á piscina.

 Que debemos facer nós?
Tirar os papeles na papeleira.
Limpar os pes antes de subir.
Separar ben o lixo.
Respetar  as  plantas.
Tirar as cisternas.
Recoller os xoguetes da sala de xogos e da casita.


4/3/14

OS SERVIZOS PÚBLICOS: ENTROIDO 2014

Elaboramos os nosos disfraces dos servizos de mantemento do Concello, coa axuda das nosas familias. Lucímolos no desfile xunto cos bombeiros, carteiros e policias... bailamos as nosas coreografías e pasamos unha mañá divertida.
Aprendemos algunhas cousas, por exemplo como é o escudo de Salvaterra ou como se escribe a palabra ADHESIVO...tamén fixemos practicas de medidas de lonxitude.



Aquí está a nosa canción, grazas á profe Leti por axudarnos a preparala e gravala
: