30/6/14

FESTA E DESPEDIDA

Coma sempre despedimos o curso con festas e merendas, diversión merecida despois de traballar ben e con moitas ganas. 
Vémonos á volta das vacacións, aquí quedan algunhas fotografías dos últimos días de curso.
Ata moi pronto!!

27/6/14

MAQUETA DUNHA VILA

Aquí temos o noso traballo de creación dunha vila, despois de estudar os procesos de crecemento dunha poboación e aplicando tamén o que aprendemos de medidas e corpos xeométricos. Colaboramos cos compañeiros e compañeiras da Xanela Aberta e o resultado final gustounos moito! 

                       

8/6/14

POR AQUÍ ANDAMOS

Localizamos  nos mapas as parroquias onde vivimos, gústanos buscar a nosa casa e os lugares que coñecemos. 

Leirado ( por Mara, Joel, Mario, Dani L.)
Meder (por Aroa e Dani F.)
Corzáns (Por Sergio)
Lira (Por Carmen e Uxía)
Uma (Por Daniela)
Vilacoba (Por Yésica e Nerea)
Pesqueiras (Por Laura)
Tortoreos (Por Xeila)
Ponteareas (Por Esther)

Buscamos información sobre as nosas parroquias na web do Concello de Salvaterra e máis no libro "Historia de Salvaterra" de Sofía Rodríguez Suárez.
Tamén buscamos o número de habitantes no Instituto Nacional de estatística (INE). Con estes datos fixemos en equipo gráficas de poboación por parroquias, e tamén por sexo. 

2/6/14

PAISAXES

Unhas actividades para repasar o aprendido sobre os distintos tipos de paisaxes e formas do relevo ( autora: Nela Abella)

http://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/a_paisaxe/a_paisaxe.html