5/12/17

AS LOCALIDADES


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1287563633/contido/index.html

Imos buscar localidades que coñecemos e engadir información a este mapa.

13/11/17

ARQUITECTURA: UNHA FONTE

Tócanos facer unha fonte para o proxecto do cole. A máis "artística" que atopamos foi a fonte de Gándara en Mondariz, e esa é a que imos reproducir para o noso MUSEO







 Así bota a súa auga:



2/11/17

O DOMADOR DE MONSTROS

Neste Samaín comemos castañas, fixemos cabazas, disfrazámonos de seres terroríficos...

Cabaza artista de Paula

Todos nós disfrazados
 ...e lemos o conto "O domador de monstros", de Ana Mª Machado, no que un neno chamado Serxio se enfrenta ao seu medo con bastante éxito e con moita risa.





5/10/17

PRESENTÁNDONOS

Comezo de curso, o novo grupo de 3º presentouse falando cadaquén de si mesmo. Logo escribimos e debuxamos.

                 

Equipos preparados!

 

4/7/17

A HORTA SEGUE ADIANTE!

Xa non estamos na escola pero a vida non se detén na horta, mirade:





Todo comezou alá polo mes de novembro: aquí podemos lembrar todo o noso traballo neste proxecto do cole.

Boas vacaciónsa todas as curiosas e curiosos!

20/6/17

CORPOS XEOMÉTRICOS

Construimos, observamos, fixemos fotos e preparamos este álbum, así foi como aprendemos os seus nomes e as súas características.

       

14/6/17

TEÑO UNS PÉS PERFECTOS

Lémolo na clase este curso e aprendemos moitas cousas con el, así que agora que xa o rematamos, imos animar a ler este libro cun "book trailer" que fixemos entre todas e todos:

            

22/5/17

XEOMETRÍA COAS HORTALIZAS

Xoga a construir un hexágono como este compoñendo as hortalizas como ti queiras. A túa composición triangular multiplicarase por seis de forma radial e simétrica como a visión dun caleidoscopio.
Moito que observar!

http://www.alimentacion.es/es/campanas/consumo_fruta_verdura_escuelas/Caleidoscopio.aspx
 

18/5/17

A MUIÑEIRA

Aprendemos cousas sobre este baile tradicional e ata nos atrevemos a bailalo, grazas as explicacións deste libro:


 Moitas grazas a Patricia, a mamá de Xián, pola gravación:

           

Alba González Bouza

8/5/17

SALVATERRA MILENARIA

O Concello de Salvaterra convidounos a participar nun certame artístico sobre a Historia de Salvaterra, concretamente da Idade Media. Elaboramos os nosos traballiños ao mesmo tempo que investigamos, e coa información obtida elaboramos o  programa de radio para A Voz da Escola.
Así fixemos o guión do programa e as nosas creacións artísticas:




             

28/3/17

MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Preparamos unha entrevista para facer o Día 8 de marzo a unha muller da nosa casa, as preguntas eran sobre como transcurría un día calquera para elas e que cousas facían. Quedamos sorprendidos da cantidade de cousas que fan e como adican cada día a que todo marche ben nas nosas vidas. 
A partir das súas respostas preparamos este traballiño, que nos levou moito tempo (redactar, revisar, corrixir, escribir no ordenador, poñerlle imaxes...), e do que estamos moi satisfeitas e satisfeitos.

22/3/17

PINTAMOS: A SORPRESA DO TRIGO

Escollemos para pintar este cadro de Maruxa Mallo, A sorpresa do trigo, puxemos en marcha as nosas habilidades para observar e producir as nosas versións.

 



Tamén investigamos sobre a importancia do trigo, e soubemos que este cereal  está na base da alimentación humana dende hai miles de anos, unha das primeiras plantas cultivadas na Prehistoria.

6/3/17

SEMENTEIRA: FOLIOS XIRATORIOS

Escoitamos atentamente a charla de Aurora, a mamá de Raúl, e tomamos notas. Con esas notas cada equipo elaboramos un folio xiratorio coa información de interese que debemos ter en conta para  a nosa sementeira. Xa sabemos moito máis!






2/3/17

DISFRACES: HABITANTES DA HORTA

Así de ben traballamos e colaboramos facendo os nosos disfraces para o desfile do cole. 
A nós tocáronnos os insectos!

          

14/2/17

PALABRAS QUE DIN MOITO

Ao escoitar ou ler unha palabra pódennos vir á mente moitas máis cousas que o propio significado da palabra. Porque as palabras sempre din moito máis. Hoxe probamos coa palabra AMIGO/A e rápidamente escribimos dez cousas que nos viñeron á mente. Logo lémolas para os demais. 
Cantas cousas!


É unha proposta deste libro que andamos a ler e que nos encanta.

Seguro que repetiremos con outras palabras! A nosa creatividade vai en aumento!

 

8/2/17

ECOSISTEMAS

ESQUEMA:

http://catedu.es/chuegos/kono/sexto/t1/eco.swf

DISTINTOS ECOSISTEMAS NA TERRA:

http://www.smlir.net/ArchivosCMS/DemoLir/SM/U5_p60_01/cn2_05_02.htm

CADEAS ALIMENTARIAS

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm4_u6_act1b/frame_prim.swf