28/3/17

MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Preparamos unha entrevista para facer o Día 8 de marzo a unha muller da nosa casa, as preguntas eran sobre como transcurría un día calquera para elas e que cousas facían. Quedamos sorprendidos da cantidade de cousas que fan e como adican cada día a que todo marche ben nas nosas vidas. 
A partir das súas respostas preparamos este traballiño, que nos levou moito tempo (redactar, revisar, corrixir, escribir no ordenador, poñerlle imaxes...), e do que estamos moi satisfeitas e satisfeitos.

22/3/17

PINTAMOS: A SORPRESA DO TRIGO

Escollemos para pintar este cadro de Maruxa Mallo, A sorpresa do trigo, puxemos en marcha as nosas habilidades para observar e producir as nosas versións.

 



Tamén investigamos sobre a importancia do trigo, e soubemos que este cereal  está na base da alimentación humana dende hai miles de anos, unha das primeiras plantas cultivadas na Prehistoria.

6/3/17

SEMENTEIRA: FOLIOS XIRATORIOS

Escoitamos atentamente a charla de Aurora, a mamá de Raúl, e tomamos notas. Con esas notas cada equipo elaboramos un folio xiratorio coa información de interese que debemos ter en conta para  a nosa sementeira. Xa sabemos moito máis!






2/3/17

DISFRACES: HABITANTES DA HORTA

Así de ben traballamos e colaboramos facendo os nosos disfraces para o desfile do cole. 
A nós tocáronnos os insectos!