22/6/18

E VELAQUÍ A NOSA OBRA

E así quedou, despois de moito traballiño, a nosa versión de "·Courel" de Jorge Peteiro:

Xa sabemos onde está a serra do Courel e outros lugares de Galicia que pintou Peteiro.
 E démonos conta do ben que nos transmitiu o pintor ese belo lugar

 Para rematar inventamos uns fermosos contiños que ben podían ter ocurrido dentro do cadro.

Lembraremos isto se algún día visitamos o Courel, seguro!

8/6/18

XA TEMOS CADRO

Este é o cadro que imos intentar reproducir no muro do patio: "Courel" de Jorge Peteiro:

 Intentamos reproducilo coa técnica da cuadrícula.



Pero o problema que nos plantexamos na clase de mates foi como agrandar o tamaño do cadro. Puxémonos a pensar...


Démonos conta de que había que medir o muro!

E cada equipo tomou nota das súas ideas:

Agora haberá que poñelas en común e tomar decisións!