16/11/18

SIMETRÍAS

Para aprender, xogar e crear:

https://permadi.com/java/spaint/spaint.html

http://www.genmagic.net/habilidades/dib4c1_simetrico.swf

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/96_ritmo_simetria/curso/archivos/sim_axial.swf
 

15/11/18

O XOGO NAS NOSAS VIDAS

Entrevistamos, preguntamos, anotamos datos e fixemos a nosa propia reflexión sobre a presenza do xogo nas nosas vidas. recollemos os datos, contamos e representamos os resultados. Á vista das gráficas, interpretamos e anotamos conclusións.




Aquí podemos ver:
O máis importante: cantos xogos que nos apetece probar!

13/11/18

INVENTORES DE XOGOS

Bruno e máis Yoel cóntannos como fabricaron unhas superbolas de papel, ás que se lle poden dar múltiples usos. Eles quixeron traelas a clase e compartilas con todos nós. Xa veremos a que xogamos con elas, seguro que se nos ocurren moitas ideas.

            

12/11/18

HISTORIAS CON MOITO ACENTO

Seguimos traballando coas sílabas tónicas e os acentos gráficos, imos poñer aquí tres das nosas historias que fixemos despois de reunir palabras agudas, graves e esdrúxulas. Imos ver se as localizamos todas nos textos, teñan til ou non, ollo!





A quen interesen máis destas historias, moi pronto estarán reunidas nun libriño que levaremos á Biblioteca!