21/12/19

ROCK AROUND THE CLOCK

Despois de ir ver a obra de teatro-musical "Os Rockenstein", interesámonos por esta música. Investigamos un pouco, escoitamos rock and roll de distintas épocas, e finalmente preparamos a nosa actuación no festival de Nadal.

Aquí atopamos información. 
Aquí vimos a canción e a letra:


Aquí  inspirámonos para preparar o baile do festival:

 

5/12/19

REPASANDO O QUE HAI QUE SABER

Podes descargar as imaxes para ler mellor





23/11/19

HISTORIAS ACUÁTICAS

Coa auga como referente e trala reflexión de Que pasaría se faltase?, inventamos historias que ben puideran suceder en diferentes lugares da Terra. Despois de documentarnos un pouco, pensar e crear un personaxe, aquí están as nosas narracións:


20/10/19

PENSAMOS E OPINAMOS

Xa rematamos o  mural no que fixemos públicas as reflexións que escribimos despois de escoitar e ver o vídeo da canción AGUA, e enterarnos da súa intención. 
Para ler todos os textos hai que premer na imaxe do mural.


16/10/19

DIVIDIR É FÁCIL

Practica e serás un as das divisións:



25/9/19

REINOS DOS SERES VIVOS

Explicación dos reinos de seres vivos, coas características principais de cada un deles. 


20/9/19

OS NÚMEROS ORDINAIS

Chuleta cos nomes dos ordinais en castelán, algúns case un trabalinguas!


16/9/19

NÚMEROS NATURAIS

Este curso toca 5º, e por desexo unánime seguiremos con este blog.
Así que imos poñéndonos a proba, repasando e recordando cousiñas, pero xa entrando en materia do novo curso.
Estupendas actividades de Vedoque Matemáticas, para comezar coas mates. Números naturais...e tamén romanos. 


E outras para practicar a descomposición:



21/6/19

NOVAS HISTORIAS

Escribimos as novas historias para os personaxes dos contos, despois de rematar de ler "Marta e a píntega", cumprindo así os seus desexos: sair do conto de sempre para vivir outras aventuras.

                       

Parabéns rapaces e rapazas, bo traballo!

22/5/19

REPASO DE MATES

Para xogar en parellas!


16/5/19

MARTA E A PÍNTEGA

Este foi o libro con que andivemos a traballar na clase de galego. Agora que o rematamos queríamos recomendalo, e para iso fixemos entre todos este vídeo. Utilizamos unha aplicación chamada Kinemaster, moi doada de utilizar para nós e con resultados moi bonitos.






Agora imos rematar o traballo de Marta e crear eses novos contos onde os e as personaxes se sintan máis libres e fagan cousas diferentes.

7/5/19

CIRCUITOS ELECTRÓNICOS

Fixemos un tobogán para canicas



E plantexamos un reto electrónico: E se a canica cando chegue ten que acender unha lámpada led?
Repartidos en tres equipos investigamos e ideamos, utilizando cinta adhesiva de cobre e pilas de botón.




Todas as ideas funcionaron! E aplicamos unha delas ao noso tobogán de canicas


24/4/19

MAPA CONCEPTUAL A TRES BANDAS

O que precisamos saber sobre enerxía e materia quedou plasmado e ben á vista nos mapas conceptuais que elaboramos en equipo: cada membro  aportou unha parte da información, que fomos preparando previamente durante varios días. Chegado o momento escribimos e despois organizamos xuntos toda a información, poñéndonos de acordo nos criterios a seguir. Isto serviu para avaliar o que sabemos sobre o tema cada un de nós e tamén o que somos capaces de facer en equipo. 
Fantástico! Proba superadísima!





12/4/19

INVESTIGANDO A LUZ

Se nos paramos a observar a luz e os seus efectos hai moitas preguntas que facerse. 
Preme na imaxe para ver máis información:



Algunhas das propiedades da luz fan posible que contemplemos bonitas imaxes. Iso comprobamos facendo un caleidoscopio.




E tamén vendo como un raio de sol descompón a súa luz ao toparse coa superficie do CD:  "Están todas as cores!!" ("Bueno, o espectro visible...")




E agora un vídeo que aclara unha das preguntas que nos fixemos: por que o ceo é azul???

10/4/19

INVESTIGANDO O SON

Probando, probando... como as vibracións do son viaxan a través de calquera materia: aire, plástico, cordel...
Pero ollo, se o cordel non está tenso non se escoita! Por que???





29/3/19

FRACCIÓNS CON LEGO

En equipo, cada membro crea un bloque con pezas IGUAIS EN TAMAÑO e de distintas cores. Todos  escriben a fracción que representa cada cor. Logo comproban cos compañeiros/as.
Así vemos e entendemos mellor as fraccións. 👌