O que precisamos saber sobre enerxía e materia quedou plasmado e ben á vista nos mapas conceptuais que elaboramos en equipo: cada membro aportou unha parte da información, que fomos preparando previamente durante varios días. Chegado o momento escribimos e despois organizamos xuntos toda a información, poñéndonos de acordo nos criterios a seguir. Isto serviu para avaliar o que sabemos sobre o tema cada un de nós e tamén o que somos capaces de facer en equipo.
Fantástico! Proba superadísima!