29/4/20

ATLAS DE ANATOMÍA

Comezamos un pequeno proxecto, que consistirá en ir elaborando pouco a pouco o noso propio ATLAS DE ANATOMÍA, un percorrido polo corpo humano, os seus aparatos e órganos, e o seu funcionamento.
O primeiro, o que se refire a unha das nosas funcións vitais, A NUTRICIÓN.
Nahír amósanos así o formato que escolleu para o seu traballo:


Como nos gusta ser orixinais e creativ@s, cadaquén está traballando no seu formato, e cos materiais dos que dispoñemos na casa, cuns resultados excelentes, como podedes ver aquí nos traballos dos demais compañeiros e compañeiras:

 En diferentes páxinas para cada aparato, como Héctor, Adrián, Álex ou Diego:























Mario decidiu facer os catro aparatos da nutrición sobre unha mesma base, así:



E Amalia, os catro aparatos da Nutrición nunha lámina:

Así vai Nayara:





Todas formas válidas para organizar e presentar a información, así como para recurrir a ela para consultar ou aprender.
Bo traballo!
Seguimos! 💪💪💪💪


26/4/20

APARATOS DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Puzzles dos aparatos que interveñen na nosa FUNCIÓN DE NUTRICIÓN:

 Dixestivo

Respiratorio

Circulatorio   

  Urinario

25/4/20

HISTORIAS VISUAIS

Esta vez foi a profe Rocío quen nos propuxo mirar unhas curtas de animación e narrar o que ocorre, ademais de extraer a mensaxe que nos quere transmitir.
Estas foron as escollidas (premendo en cada imaxe veredes os traballos)




23/4/20

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: UN ANUNCIO

  


Ademais hoxe presentamos...
 Cubertas de libro moi creativas, de algueeeeén desta clase:




20/4/20

VACACIÓNS IMAXINADAS

A profe Alba escribiunos unha carta moi bonita dende a súa casa. Como estas vacacións non puidemos sair a ningún sitio díxonos que imaxinaramos unhas vacacións ideais en compañía das persoas que quixéramos.

 Traballamos na súa proposta, pensamos e imaxinamos...   Moitos plans pendentes, algún soño,  un pouco de maxia...e a escribir!
Mirade:


14/4/20

A SAÚDE

Produtos finais dun pequeno traballiño de investigación sobre a SAÚDE, para divulgar todo o que significa esta grandísima palabra. Moi, pero que moi ben!
Realizados co Tux Paint









E como a saúde do planeta tamén é a nosa saúde, Nahir fixo un traballiño extra, porque di que lle sobrou tempo. Estupendo!




MÚSICA!

Compartiremos por aquí os instrumentos que estades elaborando a proposta da profe Patricia, unha idea moi artística...que vai dar moito de sí, seguro... a ver, a ver...












13/4/20

SEGUIMOS!

Agora que xa sabemos que podemos, que somos expertos e expertas, astutos e audaces, seguimos!
A polo 3º trimestre!

4/4/20

REUNIÓN!

E así rematamos este raro trimestre escolar. Pero nin tan mal, pois conseguimos ter todos e todas esa conversa que tanta falta nos facía. Aquí vos queda o recordo.Vémonos e lémonos á volta!





LECTURAS RECOMENDADAS

Como temos a sorte de que moitos autores, autoras e editoriais poñen os seus libros á nosa disposición nestes días, ou sempre, pois aquí vos quedan dúas lecturas para estas vacacións de Pascua. 
"Boa sorte" de María Solar, Ed. Baía. Unha historia con moita ciencia.


"Inventamos nosotros", de Asunción Fuente, Weeble Books. 
Sobre inventos, inventores e inventoras.


3/4/20

LECTURA DENDE A CASA

Aquí quedan as entregas da sesión de lectura en voz alta feita dende a casa, do texto traballado, o  principio de "Las brujas", de Roald Dahl.  Bo traballo!





1/4/20

RELEVO E RÍOS DE ESPAÑA

Ese traballiño que nos quedou a medias na escola, tivemos que empezar de novo e que ben o rematamos!  Con moita creatividade, aproveitando os materiais que tiñamos pola casa, porque non podemos saír comprar, un esforzo de enxeño e de imaxinación. Fantástico!

 Amalia


 Bruno e Yoel

 Héctor



 Mario

Nahir

Paula

Diego

Álvaro

 Uxía

Nayara



Adrián e Alex