25/4/12

A PRINCESA SABELA

Hoxe compartimos coa clase de 2º: A princesa Sabela

Sabela está farta de ser unha princesa porque é moi aburrido e  non pode facer o que ela quere...

Leron: Isaac, Guillermo e Ángela

24/4/12

O SOUTO ESCURO E PERIGOSO

Esta vez, un conto de medo, O souto escuro e perigoso.

Un lobo moi perigoso e un oso tamén moi, moi perigoso, non conseguen asustar ao coelliño. Por que será?

Leron: Cristian, Lara, Rubén e Alexia.






23/4/12

XANARDÁN E ABECHA

Esta semana lemoslles contos aos compañeiros/as de 2º na hora de ler. O primeiro: Xanardán e a becha


Xanardán faille un favor a unha cobra e esta, que é unha desagradecida, quéreo papar. Pero
a raposa, coma sempre moi lista, consegue resolver o caso.
Leron: Damián, Eva, Laura Rodríguez e Lucía.





12/4/12

INFORMACIÓN SOBRE OS RIOS

Le e aprende como son os ríos, coñece as súas características en cada parte do seu percorrido:


Preme na imaxe para ver fotos dos lugares onde nace o río Miño:


E aquí tes unha imaxe da wikipedia do lugar onde desemboca no océano Atlántico, e información sobre o gran río de Galicia:


2/4/12

ESTUDAMOS A LAMPREA

Participamos con todo o cole nos traballos sobre a lamprea e a súa pesca. Conxuntamente con compañeiros/as de 4º tocounos facer o estudo do animal. Todo o que fixemos e o que aprendemos está recollido aquí: 


E esta foi a nosa conferencia, en que contamos ao resto do cole o que sabemos despois da nosa investigación:


                  

27/3/12

A EXPERIENCIA DAS PATACAS

  • Collemos unha pataca e a puxemos nun caixon sen luz e a metemos nun bote mais ou menos pola metade de auga para soster a pataca puxemos tres palillos un a cada lado e un diante. Ao cabo de tres días lle naceron brotes brancos coa punta negra o mesmo día nos decatamos de que chupou auga.
  • Nos dìas seguintes por debaixo lle estaban nacendo unhas raices finas e de cor brancas-verdosas.Dali a uns días lle sairon ainda mais raices.Dentro duns días lla naceron ramas polas que lle estaban a punto de nacer follas e lle engordaron as raices .
  • A outra pataca a colocamos igual solo que con luz. Ao día seguinte lle naceu un brote branco ,de ali a uns días se puso verde moi verde e non medrou tanto.
Por Damián, Eva, Lucía e Laura Rodríguez


REPRODUCIÓN POR TALO

ROSEIRA EN AGUA.
Nos puxemos o talo da roseira en agua. Despois fixemos anotacións, fixamonos en que lle naceronlle brotes verdosos,pero non ennraizou.

                                                        PLANTA DO DIÑEIRO
Nos puxemos outra planta que se chama planta do diñeiro, en auga. Fixamonos en que lle naceron brotes, e naceronlle novas follas verdes . E a un dos talos da planta do diñeiro nacerolle raices brancas. Tardaron un mes enraizar.

ROSEIRA EN TERRA
Puxemos un talo en terra nun bote de cristal. Atopamoslle uns pequenos cambios:

A roseira creceulle un brote ,non sabemos por que non  enraizou,e ao cabo duns días secou.
Por Ángela, André, Guillermo e Isaac