7/4/13

O HIMNO GALEGO

A petición de Rubén buscamos información sobre o himno galego.
O texto é un poema de Eduardo Pondal, escritor da época de Rosalía de Castro (século XIX).
A música pertence ao compositor Pascual Veiga. 
Podemos ler máis información aquí.
Escoitémolo neste vídeo, con imaxes representativas de Galicia.

          

2/4/13

MULTIPLICAR SIN PARAR

Ollo con este xogo, le ben as instrucións antes de comezar e a ver se hai sorte, xa nos contaredes...


26/3/13

RECITANDO

Lemos os nosos poemas aos nenos e nenas de terceiro e escoitamos tamén os seus. Encantounos, pasamos un rato moi agradable e comprobamos como xogando coas palabras, somos capaces de construir composicións divertidas e organizar todo un recital poético:

            

19/3/13

ASÍ É GALICIA

Información para os traballos que faremos sobre Galicia:
E para saber sobre os máis antigos poboadores de Galicia:

                       


                       

18/3/13

MEDIR LONXITUDES

Practica medidas de lonxitude.
 Move a regra arrastrando e fai clic sobre ela cando queiras que quede fixa.

 Se é moi fácil, cambia de nivel!

17/3/13

PROBLEMAS CON CALCULADORA

Calcula mentalmente e, se o precisas, facendo clic na interrogación accederás á calculadora. Sorte!