Aquí temos o noso traballo de creación dunha vila, despois de estudar os procesos de crecemento dunha poboación e aplicando tamén o que aprendemos de medidas e corpos xeométricos. Colaboramos cos compañeiros e compañeiras da Xanela Aberta e o resultado final gustounos moito!
Localizamos nos mapas as parroquias onde vivimos, gústanos buscar a nosa casa e os lugares que coñecemos. Leirado ( por Mara, Joel, Mario, Dani L.) Meder (por Aroa e Dani F.) Corzáns (Por Sergio) Lira (Por Carmen e Uxía) Uma (Por Daniela) Vilacoba (Por Yésica e Nerea) Pesqueiras (Por Laura) Tortoreos (Por Xeila) Ponteareas (Por Esther)
Buscamos información sobre as nosas parroquias na web do Concello de Salvaterra e máis no libro "Historia de Salvaterra" de Sofía Rodríguez Suárez.
Tamén buscamos o número de habitantes no Instituto Nacional de estatística (INE). Con estes datos fixemos en equipo gráficas de poboación por parroquias, e tamén por sexo.
A auga é imprescindible nas nosas vidas. O seu uso correcto permitirá que todos vivamos mellor e a natureza non se contamine.
Observemos como está organizado o uso da auga nas vilas e cidades, e os procesos de tratamento tanto das augas potablescomo das augas residuais:
Experimentamos seguindo as instrucións que vimos na revista "Reportero Doc" e comprobamos como funciona a depuración de augas residuais (ollo, ainda que sae limpa non é potable!)