22/12/18
O XOGO NOS ANIMAIS
Xa temos o resultado da nosa investigación sobre o xogo nos animais. Podedes pinchar nas zonas do mural para lelo mellor:
16/11/18
15/11/18
O XOGO NAS NOSAS VIDAS
Entrevistamos, preguntamos, anotamos datos e fixemos a nosa propia reflexión sobre a presenza do xogo nas nosas vidas. recollemos os datos, contamos e representamos os resultados. Á vista das gráficas, interpretamos e anotamos conclusións.
Aquí podemos ver:
O máis importante: cantos xogos que nos apetece probar!
13/11/18
INVENTORES DE XOGOS
Bruno e máis Yoel cóntannos como fabricaron unhas superbolas de papel, ás que se lle poden dar múltiples usos. Eles quixeron traelas a clase e compartilas con todos nós. Xa veremos a que xogamos con elas, seguro que se nos ocurren moitas ideas.
12/11/18
HISTORIAS CON MOITO ACENTO
Seguimos traballando coas sílabas tónicas e os acentos gráficos, imos poñer aquí tres das nosas historias que fixemos despois de reunir palabras agudas, graves e esdrúxulas. Imos ver se as localizamos todas nos textos, teñan til ou non, ollo!
A quen interesen máis destas historias, moi pronto estarán reunidas nun libriño que levaremos á Biblioteca!
18/10/18
PALABRAS AGUDAS
Chegou a hora de plantarlle cara aos acentos gráficos. Despois de practicar a busca da sílaba tónica, as palabras agudas xa as temos claras, ata falamos en agudo e escribimos historias agudas!!
Agora andamos a practicar a colocación do til nas agudas, como era???
Xoga aquí (desactiva a música e a voz se che molesta)
6/10/18
VIAXANDO POLO ESPAZO EXTERIOR
Deseñamos o noso espazo
Cada equipo a súa nave
Lemos moito para preparar as preguntas que nos atoparíamos na nosa viaxe.
Se respondemos disparates caeremos a un burato negro, do que é moi difícil sair!
Ao remate da viaxe chegaremos á Estación Espacial Internacional, onde nos converteremos en astronautas.
Aí andamos, case chegando.
E finalmente xa somos expertos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















