1/3/20

A MEDIR!

Con este recurso practicaremos e aprenderemos máis sobre as medidas de lonxitude, masa e capacidade.


27/2/20

PINTAR A AUGA

Aprendendo técnicas plásticas observamos láminas onde se representaba a auga, fixámonos nos trazos, nas luces, nas cores, nos reflexos...é difícil pero atrevémonos a facer os nosos cadros pintando escenas de auga:










Moito traballiño nos deu, pero locen así de bonitas no corredor!


21/2/20

ACCIÓN!

Moi pronto cousiñas que contar, polo de agora aquí as imaxes prometidas. Que pasedes un bo Entroido!








28/1/20

FICHAS DE PLANTAS

E aquí están reunidos os nosos traballos de investigación sobre diversas plantas escollidas por cadaquén. Estupendo!
Agora a ler as fichas dos demais:

                

24/1/20

DINÁMICA COOPERATIVA

Para participar, chegar a acordos e avanzar de xeito eficaz faise necesario ter en conta algunhas cousas que nos favorecen. Reflexionamos individualmente cales son e  anotámolas nun papel.
Razoamolas en voz alta e anotámolas na pizarra. Algunhas foron repetidas e algúns de nós dixemos máis de unha: finalmente quedaron 14 ideas.





Despois cada un de nós deulle un valor que nos permitiu entre todo o grupo chegar a unha listaxe por orde de prioridade.




Así quedou:

O seguinte será pensar como imos conseguilo para plasmalo no próximo plan de equipo 👌👌👌👌