E así rematamos este raro trimestre escolar. Pero nin tan mal, pois conseguimos ter todos e todas esa conversa que tanta falta nos facía. Aquí vos queda o recordo.Vémonos e lémonos á volta!
4/4/20
LECTURAS RECOMENDADAS
Como temos a sorte de que moitos autores, autoras e editoriais poñen os seus libros á nosa disposición nestes días, ou sempre, pois aquí vos quedan dúas lecturas para estas vacacións de Pascua.
"Boa sorte" de María Solar, Ed. Baía. Unha historia con moita ciencia.
"Inventamos nosotros", de Asunción Fuente, Weeble Books.
Sobre inventos, inventores e inventoras.
Etiquetas:
ciencia,
Dende a casa,
inventos,
lectura
3/4/20
LECTURA DENDE A CASA
Aquí quedan as entregas da sesión de lectura en voz alta feita dende a casa, do texto traballado, o principio de "Las brujas", de Roald Dahl. Bo traballo!
1/4/20
RELEVO E RÍOS DE ESPAÑA
Amalia
Bruno e Yoel
Héctor
Mario
Diego
30/3/20
PRENSA ESCOLA
Hoxe tráiovos unha nova. No xornal La Voz de Galicia responderon a tres das vosas preguntas, unha xa a víramos, agora responderon outras dúas. Mirade:
Pregunta a un científico: Nayara preguntou "Como facedes os xaropes?" Pois aquí está a resposta
Pregunta a un periodista: Paula preguntou "Cal foi o xornal que levou máis follas? Aquí a resposta
A pregunta de Nahir foi: "Algunha vez te sentiches discriminada por ser xornalista? Aquí a resposta
27/3/20
QUE DÍAS TAN RAROS!
Remata a segunda semana traballando dende a casa, moito mellor que a anterior!
Aquí vos presento os traballiños que fixestes falando, escribindo e debuxando, para expresar como estamos vivindo esta situación.
A idea debémoslla ás profes Rocío e Maristela, que nos fixeron chegar este caderniño do Colexio oficial de Psicólogos de Galicia.
Haberá máis traballos doutras clases, seguro, logo poñerémolas en común. Esta é a nosa aportación.
Preme na imaxe para velo.
SOLUCIÓNS
RETOS MATEMÁTICOS:
Reto 1. Solución aos cadrados máxicos, así o enviou Amalia:
Reto 2: A resposta moi clariña, en palabras de Yoel e de Mario:
Reto 3: Héctor ,Álvaro e Diego explicárono así de ben:
RETO LINGÜÍSTICO
A frase secreta, en palabras de Álex:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























