Para xogar en parellas!
22/5/19
16/5/19
MARTA E A PÍNTEGA
Este foi o libro con que andivemos a traballar na clase de galego. Agora que o rematamos queríamos recomendalo, e para iso fixemos entre todos este vídeo. Utilizamos unha aplicación chamada Kinemaster, moi doada de utilizar para nós e con resultados moi bonitos.
Agora imos rematar o traballo de Marta e crear eses novos contos onde os e as personaxes se sintan máis libres e fagan cousas diferentes.
7/5/19
CIRCUITOS ELECTRÓNICOS
Fixemos un tobogán para canicas
Repartidos en tres equipos investigamos e ideamos, utilizando cinta adhesiva de cobre e pilas de botón.
Todas as ideas funcionaron! E aplicamos unha delas ao noso tobogán de canicas
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
enerxía,
experimentos,
Proxecto Xogamos
24/4/19
MAPA CONCEPTUAL A TRES BANDAS
O que precisamos saber sobre enerxía e materia quedou plasmado e ben á vista nos mapas conceptuais que elaboramos en equipo: cada membro aportou unha parte da información, que fomos preparando previamente durante varios días. Chegado o momento escribimos e despois organizamos xuntos toda a información, poñéndonos de acordo nos criterios a seguir. Isto serviu para avaliar o que sabemos sobre o tema cada un de nós e tamén o que somos capaces de facer en equipo.
Fantástico! Proba superadísima!
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
enerxía,
materia
12/4/19
INVESTIGANDO A LUZ
Se nos paramos a observar a luz e os seus efectos hai moitas preguntas que facerse.
Preme na imaxe para ver máis información:
Algunhas das propiedades da luz fan posible que contemplemos bonitas imaxes. Iso comprobamos facendo un caleidoscopio.
E tamén vendo como un raio de sol descompón a súa luz ao toparse coa superficie do CD: "Están todas as cores!!" ("Bueno, o espectro visible...")
E tamén vendo como un raio de sol descompón a súa luz ao toparse coa superficie do CD: "Están todas as cores!!" ("Bueno, o espectro visible...")
E agora un vídeo que aclara unha das preguntas que nos fixemos: por que o ceo é azul???
10/4/19
INVESTIGANDO O SON
Probando, probando... como as vibracións do son viaxan a través de calquera materia: aire, plástico, cordel...
Pero ollo, se o cordel non está tenso non se escoita! Por que???
Etiquetas:
experimentos,
investigación,
materia,
son
29/3/19
FRACCIÓNS CON LEGO
En equipo, cada membro crea un bloque con pezas IGUAIS EN TAMAÑO e de distintas cores. Todos escriben a fracción que representa cada cor. Logo comproban cos compañeiros/as.
Así vemos e entendemos mellor as fraccións. 👌
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
fraccións,
matemáticas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























