Contiuamos vendo como desenvolven algúns animais as súas funcións vitais: relacionarse co medio, nutrirse e reproducirse. Esta vez ímonos deter na observación da vida das arañas, eses pequenos invertebrados que tan laboriosamente tecen a súa tea. Preme na imaxe para observar como realizan este traballo:
Imos coñecer un pouco este singular animal, as súas características físicas e como realiza as súas funcións vitais: nutrición, reprodución, relación...
O outono é tempo de colleita de moitos froitos que medraron durante o verán. Cando a abundancia de froitos é moita hai diversos procedementos para conservalos e comelos durante o inverno; un deles é a elaboración de doce de marmelo, que practicamos este ano no cole.
¿Que información levará na etiqueta o noso marmelo?
O cómic comunica con palabras e tamén con debuxos. As nosas historietas deberán ser claras para que as comprenda quen as lea, así que estamos practicando. Estes son algúns exemplos de caras que expresan distintos estados de ánimo. Xa nos sae bastante ben!
Personaxes e lugares que aparecen nas aventuras de Lucky Luke pertencen ao mundo da realidade, na que se inspiraron os autores. Sobre iso investigamos na rede e nos libros:
Quixemos saber por que se produce o hipo, esa situación tan incómoda que todos e todas pasamos algunha vez. Aquí atopamos información, para ler e escoitar:
Ademais, na mesma páxina, repasamos, lendo e escoitando, como funciona o noso aparato respiratorio.
Lucky Luke es un vaquero divertido atrapa a los malos y a los hermanos Dalton.Cuando alguien va a tacar a otra persona Lucky Luke saca su revòlver y dispara.
Vive en el lejano Oeste.
Alba y María.
Estoy leyendo un libro de Lucky Luke que se titula Oklahoma Jim,
y es muy divertido porque... ¡aparecen Lucky Luke y los hermanos Dalton de pequeños!
En la infancia de Lucky Luke, el era solitario pero no tenia a Joli Jumper, tenia a Old timer.A joli Jumper lo conocio cando los indios lo habian raptado.El escapo y se encontro un circulo de lobos rodeando a un caballo blanco.Con su tirachinas espanto a los lobos
y salvo a Joli Jumper que asi lo llamó.Tampoco conocia a los Dalton, simplemente los conoció en la escuela.
Comezamos a lectura de cómic con LUCKY LUKE, creación do debuxante belga Morris e guións de Goscinny (entre outros autores). Como moitos cómics, foi levado á televisión e cinema:
A acción sitúase nos EEUU, no século XIX, época en que se colonizou o oeste do país. Aínda que fala de feitos e personaxes históricos, o que ocurre é totalmente ficción... e moita risa.
Agora que vai menos calor e os días son algo máis curtos, sabemos que o verán chega ao seu fin e que falta pouco para volvernos encontrar. Así que , imos comezar a "quentar motores".
Durante este tempo de descanso houbo unha noticia, publicada en todos os medios, que nos pode interesar:
Dende hai moito tempo o interés por coñecer Marte deu lugar a moitos proxectos. Ao principio con pouco éxito, pero actualmente xa se dispón de abundantes imaxes e bastantes datos sobre este planeta.
O Curiosity estará varios anos en Marte recollendo información e tratando de resolver a dúbida de se algunha vez houbo alí seres vivos. Polo de agora, nos distintos medios de comunicación publícanse estes días algunhas imaxes.
Despois de reunir a información necesaria elaboramos o noso programa, cada equipo na súa responsabiblidade: redactores/as, reporteiros/as, presentadores/as, equipo técnico... ensaiamos, gravamos e o resultado quedou así:
Hai uns días demos vida ás figuras xeométricas formando composicións moi artísticas.Cadrados, triángulos, rectángulos, hexágonos... que de un en un non nos dicían nada, ao encaixarse adquirían significado:
Agora, facemos o contrario. Observaremos como hai xeometría nas nosas vidas e no mundo que nos rodea. Curiosas e curiosos, anotamos as nosas observacións:
O reloxo e un circulo.
As agullas do reloxo forman angulos.
As teclas do ordenador son cuadradas.
Os tellados son triangulares.
As caras da caixa poden ser rectangulares ou cadradas.
As ventanas son rectangulares.
As rodas da bici son circurferencias e teñen radios.
O gorro de festa ten forma de cono e na parte de abaixo ten unha circunferencia.
Cando abrimos as paxinas dun libro formanse angulos.
Buscando noticias para o noso traballo, atopamos cousas que nos gustan. Por exemplo, estas actividades sobre o tratamento dos residuos:
Puidemos saber que o próximo 5 de xuño é o Día Mundial do Ambiente,programa das Nacións Unidas, que nos convida a actuarcada día en favor do Planeta e da Biodiversidade.
Nesta páxina aprenderemos máis sobre conceptos que escoitamos falar aos maiores, ou nos medios de comunicación. Axudaranos a preparar noso programa especial de noticias ecolóxicas.
O traballo dos artesáns é aquel que se realiza principalmente coas mans e coa axuda de pequenos utensilios. Tradicionalmente en Galicia, igual que en outros lugares, e dende tempos moi antigos, as persoas elaboraban artesanalmente moitos obxectos de uso diario: de barro, de pau, de palla, de tea, etc.
Como estamos aprendendo unha técnica de facer cestas, imos informarnos sobre esta actividade tradicional, para completar a exposición dos nosos traballos:
Último día, parece que esta vez xa tiñan lido o conto os nosos compañeiros/as de 2º, pero deulles igual porque riron e rimos igual coa Aventura sorprendente dun homiño moi valente. Leron: Laura Romero, Darío e Óscar.
Xoves, hora de ler, alguén dixo "xa pensamos que non viñades hoxe" (e que tardamos un pouco preparando a lectura). Eliximos Confundindo historias de Gianni Rodari. Tocan risas, e algún proxecto xa en mente para seguir confundindo outras historias... Leron: André, Miguel e María.
Esta semana lemoslles contos aos compañeiros/as de 2º na hora de ler. O primeiro: Xanardán e a becha
Xanardán faille un favor a unha cobra e esta, que é unha desagradecida, quéreo papar. Pero a raposa, coma sempre moi lista, consegue resolver o caso. Leron: Damián, Eva, Laura Rodríguez e Lucía.
Participamos con todo o cole nos traballos sobre a lamprea e a súa pesca. Conxuntamente con compañeiros/as de 4º tocounos facer o estudo do animal. Todo o que fixemos e o que aprendemos está recollido aquí:
E esta foi a nosa conferencia, en que contamos ao resto do cole o que sabemos despois da nosa investigación:
Collemos unha pataca e a puxemos nun caixon sen luz e a metemos nun bote mais ou menos pola metade de auga para soster a pataca puxemos tres palillos un a cada lado e un diante. Ao cabo de tres días lle naceron brotes brancos coa punta negra o mesmo día nos decatamos de que chupou auga.
Nos dìas seguintes por debaixo lle estaban nacendo unhas raices finas e de cor brancas-verdosas.Dali a uns días lle sairon ainda mais raices.Dentro duns días lla naceron ramas polas que lle estaban a punto de nacer follas e lle engordaron as raices .
A outra pataca a colocamos igual solo que con luz. Ao día seguinte lle naceu un brote branco ,de ali a uns días se puso verde moi verde e non medrou tanto.
Nos puxemos o talo da roseira en agua. Despois fixemos anotacións, fixamonos en que lle naceronlle brotes verdosos,pero non ennraizou.
PLANTA DO DIÑEIRO
Nos puxemos outra planta que se chama planta do diñeiro, en auga. Fixamonos en que lle naceron brotes, e naceronlle novas follas verdes . E a un dos talos da planta do diñeiro nacerolle raices brancas. Tardaron un mes enraizar.
ROSEIRA EN TERRA
Puxemos un talo en terra nun bote de cristal. Atopamoslle uns pequenos cambios:
A roseira creceulle un brote ,non sabemos por que non enraizou,e ao cabo duns días secou.