Durante este tempo de descanso houbo unha noticia, publicada en todos os medios, que nos pode interesar:
A chegada do robot Curiosity a Marte.
Dende hai moito tempo o interés por coñecer Marte deu lugar a moitos proxectos. Ao principio con pouco éxito, pero actualmente xa se dispón de abundantes imaxes e bastantes datos sobre este planeta.
O Curiosity estará varios anos en Marte recollendo información e tratando de resolver a dúbida de se algunha vez houbo alí seres vivos. Polo de agora, nos distintos medios de comunicación publícanse estes días algunhas imaxes.
Algún comentario?
No hay comentarios:
Publicar un comentario