15/12/14

OS SENTIDOS NOS ANIMAIS

Interesante información, que servirá para completar o aprendido.
En cada animal tes que facer clic para ler curiosidades sobre como se relacionan co seu medio: 

http://www.educ.ar/recursos/ver?rec_id=89210

27/11/14

DONALD NO PAIS DAS MATEMÁXICAS

Sorpréndemonos tanto como Donald e dende agora activamos outra mirada, a mirada matemática. Despois de ver a película escribimos os nosos comentarios. Pincha na imaxe para velos todos:

http://linoit.com/users/sexamoscuriosos/canvases/Donald%20no%20pais%20das%20matem%C3%A1xicas

24/11/14

TOCA DEBATE

Realizaremos a dinámica de aprendizaxe cooperativa "opinións enfrentadas", o tema será a igualdade de xénero, coincidindo co Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero
Primeiro algunha información:

http://www.igualdadevigo.org/archivos_editor/file/noticias/guia_correspondefinitiva.pdf


Despois do debate, escribiremos as conclusiós neste mural dixital:


17/11/14

MULTIPLICAR CANTIDADES ACABADAS EN CEROS

Practicamos:

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17webc/eltanque/todo_mate/multipli/multipli_p.html

Selecciona "Multiplicar dos factores acabados en ceros":

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/operatoria1/operatoria_1_p.html


14/11/14

OS NOSOS BODEGÓNS

Rematamos os nosos bodegóns, a partir dun modelo pero cadaquén co seu estilo propio, como debe ser. Observamos o modelo fíxándonos especialmente nos efectos da luz e na superposición das formas. Utilizamos ceras blandas.

31/10/14

DOCUMENTAL: ALIMENTÁMONOS

Rematamos o noso documental, froito do traballo de moitos días nos que buscamos, compartimos e aprendemos sobre a nosa alimentación. Tamén aprendemos como se monta un vídeo, utilizando a ferramenta wevídeo, na que se traballa directamente en internet, moi fácil de usar e moi entretida (premer na imaxe)

https://www.wevideo.com/view/259471787

              



















Se non podedes velo ben, tamén na nosa canle: https://www.youtube.com/watch?v=S_Op9I75u-Q

8/10/14

A PINTAR UN BODEGÓN!




http://cuadrosmuybonitos.blogspot.com.es/2013/04/bodegon-moderno.html

Un bodegón é unha pintura na que se representan alimentos, utensilios domésticos e outros obxectos de uso cotián.

No Museo do Prado, en Madrid, pódense ver cuadros de bodegóns de artistas españois, non debemos perdernos as audioguías deste museo:
Preme nas imaxes:

https://www.museodelprado.es/pradomedia/multimedia/bodegon-con-dulces-y-recipientes-de-cristal/

https://www.museodelprado.es/pradomedia/multimedia/bodegon-de-caza-hortalizas-y-frutas/

30/9/14

A NOSA ALIMENTACIÓN

Con estas actividades practicaremos e aprenderemos sobre os alimentos e sobre o proceso da dixestión:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_alimentos_bloque2/alimentacion_2.html 


http://recursos.encicloabierta.org/enciclomedia/cnaturales/enc_cn_los_alimentos/index.html

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/4/Medusa/GCMWEB/Docsup/Recursos/34945833R/Piramide.swf






22/9/14

O SAPO E O RAPOSO, 2ª PARTE...

Despois de escoitar o conto e conversar sobre el, tentamos darlle continuación cadaquén ao seu xeito, utilizando o ordenador:

 

9/9/14

UN CONTO POPULAR... PARA COMEZAR

Comezamos o curso. Teremos novidades que contar, novas persoas que coñecer e moitas cousas por aprender.
Para empezar a pensar aquí temos un contiño popular ( que era iso de "popular"??)



                  

12/7/14

PASATEMPOS DE VACACIÓNS

Xogos e actividades para pasar o tempo e entrenar as nosas habilidades:

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2011/razonamiento_logico/index.html 


http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/escrilandia/programa/index.html

Un PUZZLE fresquiño:

http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=0144edc263fa

 Podes atopar máis enredos AQUÍ e AQUÍ


30/6/14

FESTA E DESPEDIDA

Coma sempre despedimos o curso con festas e merendas, diversión merecida despois de traballar ben e con moitas ganas. 
Vémonos á volta das vacacións, aquí quedan algunhas fotografías dos últimos días de curso.
Ata moi pronto!!

27/6/14

MAQUETA DUNHA VILA

Aquí temos o noso traballo de creación dunha vila, despois de estudar os procesos de crecemento dunha poboación e aplicando tamén o que aprendemos de medidas e corpos xeométricos. Colaboramos cos compañeiros e compañeiras da Xanela Aberta e o resultado final gustounos moito! 

                       

8/6/14

POR AQUÍ ANDAMOS

Localizamos  nos mapas as parroquias onde vivimos, gústanos buscar a nosa casa e os lugares que coñecemos. 

Leirado ( por Mara, Joel, Mario, Dani L.)
Meder (por Aroa e Dani F.)
Corzáns (Por Sergio)
Lira (Por Carmen e Uxía)
Uma (Por Daniela)
Vilacoba (Por Yésica e Nerea)
Pesqueiras (Por Laura)
Tortoreos (Por Xeila)
Ponteareas (Por Esther)

Buscamos información sobre as nosas parroquias na web do Concello de Salvaterra e máis no libro "Historia de Salvaterra" de Sofía Rodríguez Suárez.
Tamén buscamos o número de habitantes no Instituto Nacional de estatística (INE). Con estes datos fixemos en equipo gráficas de poboación por parroquias, e tamén por sexo. 

2/6/14

PAISAXES

Unhas actividades para repasar o aprendido sobre os distintos tipos de paisaxes e formas do relevo ( autora: Nela Abella)

http://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/a_paisaxe/a_paisaxe.html

23/5/14

EXPERIENCIA: DEPURADORA DE AUGA

A auga é imprescindible nas nosas vidas. O seu uso correcto permitirá que todos vivamos mellor e a natureza non se contamine.
Observemos como está organizado o uso da auga nas vilas e cidades, e os procesos de tratamento tanto das augas potables como das augas residuais:

http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/63_el_agua/actividades/activ_explorando_agua.html

Experimentamos seguindo as instrucións que vimos na revista "Reportero Doc" e comprobamos como funciona a depuración de augas residuais (ollo, ainda que sae limpa non é potable!) 


Preme na imaxe para ver o proceso


12/5/14

O CICLO DA AUGA

Vexamos atentamente esta animación porque despois teremos que recompoñela:

7/5/14

O SOÑO DE VOAR

Narrada por nenos e nenas de 3º de Primaria  coma nós, escoitade esta antiga historia na que Dédalo e o seu fillo Ícaro constrúen un aparello para voar:                         

                          

E agora atentos e atentas, porque despois de ver e escoitar este vídeo haberá que realizar unhas actividades:


3/5/14

INFORMATIVO CULTURAL

Este mes de abril correspondeu á nosa clase preparar o programa de radio, eliximos informar sobre as actividades culturais no noso municipio e buscamos a información na web do Concello. Atopamos moitas cousas, algunha que nin sequera sabiamos... seleccionamos e repartimos a información atopada porque todos queríamos dicir algo. Finalmente gravamos e engadimos música, fragmentos de A ratiña curiosa, do libro disco "Cartas que veñen e van" (Susa Herrera e Mamá Cabra).











Podes escoitar o noso programa na Voz da Escola

27/4/14

O PASO DO TEMPO, AS ETAPAS DA HISTORIA

Para ler, aprender, repasar, xogar...






9/4/14

DESCRICIÓN DE LUGARES

Escribimos para contar como é o lugar onde vivimos, fixemos as nosas descricións, revisamos e logo pasámolas ao ordenador. Así nos quedaron:


7/4/14

FERRAMENTAS, MÁQUINAS E APARELLOS

Le a información e realiza as actividades:



3/4/14

EL PRINCIPE CENICIENTO

Vexamos e escoitemos este contiño, veremos en que se parece (SEMELLANZAS)  e en que se diferencia (DIFERENZAS) do conto clásico de Cincenta.

         

26/3/14

20/3/14

CARTAS SORPRESA

Puxemos a proba o funcionamento do Correo mandándonos cartas entre nós, un par de días de intriga e... CHEGARON!



Púxémonos igual de contentos que Tigre no conto "Correo para tigre", que lemos na clase. Aquí queda unha versión en vídeo deste bonito libro.


 

18/3/14

RECITADOS PARA XOGAR

Esta cantiga para xogar aprendina do meu avó: 

Conta xusta
 rematada
dixo o cura
 da Gulada
son tres porcos,
seis touciños,
doce patas,
tres fociños,
seis orellas
e tres rabos,
que son trinta,
ben contados.
(Aroa)

Moitos coma este nesta páxina:


14/3/14

ENTREVISTA A ISABEL


Isabel é a porteira do cole de Leirado.
O seu traballo consiste en cerrar e abrir o colexio e limpalo. 
 A ela gustalle moito o seu traballo e facelo.
Leva 27 anos traballando no colexio.


Non traballa en mais sitios.
Isabel non se acorda de como se fai hoxe en día para traballar nos servizos publicos.
As clases que menos lle custa limpar son as que teñen menos terra.
Os utensilios que mais usa mais son a vasoira e a fregona. 
No seu tempo libre dedicase acoidar a súa horta, á casa, e no verán á piscina.

 Que debemos facer nós?
Tirar os papeles na papeleira.
Limpar os pes antes de subir.
Separar ben o lixo.
Respetar  as  plantas.
Tirar as cisternas.
Recoller os xoguetes da sala de xogos e da casita.


4/3/14

OS SERVIZOS PÚBLICOS: ENTROIDO 2014

Elaboramos os nosos disfraces dos servizos de mantemento do Concello, coa axuda das nosas familias. Lucímolos no desfile xunto cos bombeiros, carteiros e policias... bailamos as nosas coreografías e pasamos unha mañá divertida.
Aprendemos algunhas cousas, por exemplo como é o escudo de Salvaterra ou como se escribe a palabra ADHESIVO...tamén fixemos practicas de medidas de lonxitude.



Aquí está a nosa canción, grazas á profe Leti por axudarnos a preparala e gravala
:

23/2/14

A CANCIÓN PARA O ENTROIDO

Chega o Entroido e preparamos disfraces e cancións. Xunto con todo o cole faremos unha representación dos servizos públicos do Concello, a nós tocounos o persoal de mantemento, esas persoas que fan que todo estea limpo e que o día a día da vila e as parroquias funcione adecuadamente. 
Esta é a nosa canción, baseada na melodía que nos proporcionou a profe de música (Llegó el cartero de Carlitos Bala).





Agora a practicar:

Chegan os traballadores
os que coidan do teu pobo
pra que todo estea en orden
e alegrar a vida a todos

Xardineiros, varrendeiros,
pintores e fontaneiros,
albaneis, electricistas
a ver quen chega primeiro.

Se nos axudas é máis fácil traballar
limpar, varrer, recoller e acender,
plantar, regar, colocar e arranxar
 e así vivir xuntos aquí será un pracer


6/2/14

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Por se vos gusta e pode axudar un pouquiño:

          


E para practicar:



COS OLLOS NA LÚA IV

A min pareceme que o conto e moi bonito .
Noa parecese a min , é bulideira é agarimosa.
O conto esta moi ben  ilustrado . E as suas frases me encantaron como a de "  o can  tiña unha nena e a nena , claro,  tiña un can".

Laura

Este libro e precioso.Me gustou todo.Quero felicitar a Antonio García teijeiro e a Noemí López porque fixeron un conto precioso e polos debuxos e as palabras preciosas.

Carmen

Me encanta este libro porque ten palabras bonitas a Dark se lle cumpriu o seu soño de que a lúa fose branca e negra. Encantoume o poema da tola, este libro foi fermoso e me encantou moitisisimo 
Daniela.

As palabras do libro: