18/12/15

O RAP DE PINDO

Como remate do traballo co libro "O raposo e a mestra" preparamos unhas rimas, para falar deste raposo que nos pareceu tan simpático, e tamén quixemos cantar as cancións do libro. Será a nosa actuación no festival de Nadal. Que ben o pasamos! 

                 


17/12/15

SERES VIVOS: O PRINCIPIO

Investigamos sobre a aparición dos seres vivos e as condicións para que haxa vida na Terra. En equipo ordenamos a información e preparamos uns libriños para a Biblioteca.

10/12/15

ÁLBUM DE PAXAROS

Rematado o noso álbum de paxaros, co que practicamos a busca de imaxes e o uso do ordenador para realizalo. 


      
       Album de paxaros from sexamoscuriosos

O RAPOSO E A MESTRA, AS ILUSTRACIÓNS



As atractivas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano no libro que lemos fixeron que nos entrasen ganas de debuxar, e aquí están as nosas versións:





9/12/15

A VIEIRA

A cuncha de vieira é un símbolo dos peregrinos. Pero, como é este animal? Interesamonos por coñecer a procedencia desa cuncha e aprendimos moitas cousas:









19/11/15

PINTANDO UN CADRO: CABAZAS

Escollimos na rede un modelo, que observamos e comentamos primeiro para non perder detalle sobre as cores, as formas, os tamaños, a luz... Pensamos que sería moi difícil pero conseguímolo, e que daron ben lucidos. 
https://elimperiodelcolor.wordpress.com


























E aquí están as autoras e autores:


16/11/15

O RAPOSO E A MESTRA: CANTANDO NOUTROS IDIOMAS

Pindo é un raposo moi particular, que  ten o poder de hipnotizar cos seus ollos de lanterna, e aos hipnotizados dalles por cantar noutros idiomas. Todo un descubrimento na lectura deste conto, que nos entusiasmou. Así que, para seguir cantando, aquí queda "Il cavallo del bambino" (canción tradicional italiana) e "Frère Jacques" (canción popular francesa). A divertirse!

        

        


 E para continuar, "I can sing a rainbow", cantiga de berce inglesa: 

         

 E "Schnappi das kleine krokodil", en alemán: 

         

EXPERIMENTO: AS PLANTAS E A LUZ

Libro onde limos os pasos do experimento:


Faise así:
  1. Hai   que   recortar   unha   caixa   e   deixar   no   borde   de arriba    un  pequeno  buraco.
  2. Logo colocamos dentro unha maceta con terra e uns garavanzos ou feixóns, e poñemos a tapa.
  3. Hai que regala de vez en cando.


Primeiro nace a planta e empeza a botar a raiz. Despois empezou a botar o talo.
 E o talo faise mais grande e longo.


Foi pasando polos buratos e unha parte torceuse e mais ou menos rompeuse. Un talo esta crecendo moito para arriba.
 Unha parte está torcida e non pode subir. 
So lle falta un burato pra  sair pra fora.




A planta saiu ao exterior da caixa.A planta saiu porque necesita a luz do Sol. Necesita a luz para facer a fotosíntese. 
A planta fai a  fotosintese e  así fabríca o seu alimento.

POR QUE SE CAMIÑA A SANTIAGO

Informámonos sobre a orixe do Camiño de Santiago. Historia e lenda mestúranse, o que nos deu para falar das orixes das lendas e da importancia que tivo a Relixión na Idade Media. Contámolo así:






3/11/15

SERES VIVOS: SABÉMOLO TODO?

Para saber máis e comprobar o que sabemos:

http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t1/seres2.swf

 Tamén xogando:


http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t1/caza.swf


29/10/15

MATES SIMPÁTICAS

Divírtete coas matemáticas:  

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/recursos/aplicaciones-boecillo-multimedia/mates-simpaticas/matematicas-3
 

27/10/15

FUNCIÓNS VITAIS

Preme na imaxe para facer as actividades:

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/tercer_ciclo/cmedio/las_funciones_vitales/las_funciones_vitales/las_funciones_vitales.html

8/10/15

LEMOS POESÍA

Lemos poesía, do libro "Poemas que me cantou o grilo", de Ana Mª Fernández. Gustounos, porque o ritmo e a rima sempre enganchan.
Os textos falan da diversidade de seres vivos que enchen a Terra.
Gravámonos lendo, aquí queda un pouquiño de cada un de nós:






Despois da lectura fixemos un traballo de ilustración que nos fixo entrar de cheo no significados e na mensaxe dos poemas. Tamén iniciamos unha conversa na que falamos do que sabemos sobre os seres vivos e do que queremos saber.

1/10/15

NOVO CURSO, NOVO GRUPO

Comezamos o curso con novo grupo, para eles e elas nova profe, nova aula, dous compañeiros novos e unha compañeira nova. Así que todo este tempo estivemos coñecéndonos, falando de nós, facendo equipos, pensando plans e proxectos. 
Xa estamos en marcha e facendo cousas, que en canto poidamos iremos subindo ao blog.

8/7/15

BOAS VACACIÓNS E BOA ANDAINA

Rapazas e rapaces, aquí vos queda unha lembranza destes dous cursos por se queredes descargala.


Se queredes ver como vos presentastes ao comezar 3º premede AQUÍ.

 Como agasallo de despedida, tres curtas para ver un día de chuvia, por exemplo. Apenas teñen palabras, pero non son necesarias, porque a mensaxe ides entendela moi ben. 
Apertas!  Vémonos!

         

         

                    

29/6/15

MATEMÁTICAS E ARTE

Mirando cadros de Paul Klee observamos polígonos de moitas clases e tamaños, círculos, liñas rectas e curvas que van dando forma a unha representación abstracta, na que o autor nos amosa unha realidade.  A partir de aí podemos imaxinar o que queiramos.
Non nos deu tempo, pero tal vez unhas boas historias...
Inspirándonos en cadros de Paul Klee, realizamos as nosas propias creacións. Utilizamos cera branda e démoslle un acabado con alkil.

                      

31/5/15

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.


Máis tarde saimos con todo o cole a de visita á lonxa e o porto de Vigo, para coñecer tamén de preto a actividade da pesca, e aprender que a pesca ten que ser "sostible", é dicir, que hai que practicala seguindo unhas normas para conservar as especies e os hábitats.
Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!! 

Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??




Preparamos no ordenador este artigo para a revista escolar sobre as actividades económicas relacionadas co peixe.

19/5/15

CONSTRUIR O TANGRAM

Na páxina "Matemáticas sin números" atopamos moitas actividades interesantes. A proposta  é construir co tangram, de maneira que chegaremos a coñecer mellor a relación entre as distintas pezas, iso axudaranos a ser máis hábiles con el.
Prememos na imaxe e seguimos os pasos:

http://contenidos.educarex.es/mci/2004/30/Descargas/Programas/tangram/redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/mate/mate2z.htm
Isto é o que descubrimos:
       

18/5/15

OS MAIOS

Co profe de música aprendimos sobre esta tradición, construimos un maio, e interpretamos unha cantiga dos maios.