31/5/15

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.


Máis tarde saimos con todo o cole a de visita á lonxa e o porto de Vigo, para coñecer tamén de preto a actividade da pesca, e aprender que a pesca ten que ser "sostible", é dicir, que hai que practicala seguindo unhas normas para conservar as especies e os hábitats.
Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!! 

Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??




Preparamos no ordenador este artigo para a revista escolar sobre as actividades económicas relacionadas co peixe.

19/5/15

CONSTRUIR O TANGRAM

Na páxina "Matemáticas sin números" atopamos moitas actividades interesantes. A proposta  é construir co tangram, de maneira que chegaremos a coñecer mellor a relación entre as distintas pezas, iso axudaranos a ser máis hábiles con el.
Prememos na imaxe e seguimos os pasos:

http://contenidos.educarex.es/mci/2004/30/Descargas/Programas/tangram/redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/mate/mate2z.htm
Isto é o que descubrimos:
       

18/5/15

OS MAIOS

Co profe de música aprendimos sobre esta tradición, construimos un maio, e interpretamos unha cantiga dos maios.