21/12/16

AS FABAS MÁXICAS, A NOSA VERSIÓN

Moito traballo arredor deste conto clásico, na nosa aula e tamén coa profesora de música, que nos facilitou a canción e nos axudou cos ensaios.
Aquí está a nosa narración musicada, que representamos no festival de Nadal, para que tamén a vexa a nosa compañeira Amy e os familiares que non puideron asistir.
          




            

4/12/16

O SOLO

Resumimos todo o que estivemos investigando para contarllelo aos nenos e nenas de E. Infantil.
Preparamos esta presentación, cada equipo unha parte. 
 

                            


1/12/16

O SOLO: ACTIVIDADES

A ver se somos quen de resolver estas actividades despois de todo o que investigamos e aprendemos:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/21888888/O%20solo%20lim/lim.swf?libro=solo.lim

16/11/16

AS NOSAS HORTAS

Compartimos cos demais os costumes das nosas casas relacionados coa horta e os cultivos. 

20/10/16

AS RAICES DE XIAN

Xián é etíope de nacemento e galego de corazón. Indagou para coñecer as súas orixes e realizou este traballo que agora comparte connosco:

        
        Etiopia from sexamoscuriosos

13/10/16

AS FAMILIAS COOPERAN

Este curso as nosas familias experimentaron as mesmas dinámicas que os seus fillas e fillas, para entender o que facemos cando traballamos en equipo. Unha experiencia moi satisfactoria. Grazas por colaborar!






15/9/16

UN MUNDO DE CORES

A nosa primeira dinámica deste curso: mundo de cores.
Cos ollos pechados cadaquén foi agasallado cunha pegatina na fronte. Despois a orde: "dous minutos para agruparse". 


 Dubidamos un pouco, despois rapidamente nos agrupamos con quen tiña a mesma cor, pero... a cor de dúas persoas non coincidía coa de ninguén e unha persoa non tiña cor! 
E quedaron sen agrupar.
E aí xurdiu a conversa: ¿por que non nos agrupamos coas cores diferentes?, ¿como se sentiron esas persoas? ¿importa a cor da pegatina? ¿estaría ben ter un equipo multicolor?




Pronto faremos os equipos!

 
 

6/7/16

CARTAS DE FIN DE CURSO

Despedímonos ata setembro escribindo unha carta para toda a clase, onde contamos as nosas impresións sobre o curso que remata. Vémonos á volta! 




21/6/16

FIN DE CAMIÑO

Rematamos o noso percorrido pola Vía da Prata, en compañía dos compañeiros e compañeiras  da Xanela Aberta. Aquí está o noso traballo:

https://sites.google.com/site/andainapolaviadaprata/

Pousamos para a foto-lembranza do proxecto do cole:


 

19/5/16

RECITANDO A MANUEL MARÍA

A nosa pequena homenaxe a Manuel María. Parabéns equipazos!

                         

Estes poemas e máis neste libro:




MEDIDAS DE CAPACIDADE

http://bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/Capicua_3c_PF/cas_C3_u12_58_4_litres.swf

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/mate3EP_ud12_medioycuartolitro/frame_prim.swf

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/matematicas/medidas01/litro01/litro01.html

MEDIDAS DE MASA

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/matematicas/medidas01/kilogramo01/kilogramo01.html

http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/matematicas/pesomasa/juego/juego.html

10/5/16

VIAXE A COMPOSTELA

Fomos a Compostela en autobús, pero entramos na cidade camiñando por onde entran os camiñantes da Vía da Prata, porta de Mazarelos. Preparamos coidadosamente a nosa viaxe e fomos uns visitantes audaces e ben orientados!

         

Aquí están as entrevistas que fixemos a peregrinos e peregrinas:
 

30/4/16

O NOSO PROGRAMA DE RADIO

Tocounos este mes facer o programa da Voz da Escola, e como  celebramos o Día do libro investigamos sobre a Historia dos libros.
As nosas fontes: 


Traballamos en equipo utilizando as estruturas cooperativas de lectura compartida e folio xiratorio:

 Decidimos as músicas que utilizaríamos, o saúdo e o remate. Así quedou:

29/4/16

CAMIÑOS E REFRÁNS

Tiñamos por publicar este libriño que fixemos cos refráns que conseguimos reunir en relación cos camiños. Dalgúns deles sácanse boas ensinanzas.

17/4/16

O QUE SABEMOS DOS VOLCÁNS

Buscamos información, anotamos, redactamos e explicamos, logo construimos un volcán e provocamos unha "erupción volcánica":

                   

30/3/16

VOLCÁNS

                          

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/web_conocimiento/volcanes/aprende.htm

18/3/16

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Por se dades unha volta por aquí durante as vacacións:

http://matematicasonline.es/pequemates/pequemates8/flash/tablalunar.swf


         

ROMANCE DE DON GAIFEROS

O noso romance, que preparamos coa profe de música para os recitados da escola:

                      

10/3/16

POESÍAS: CON L DE LONXE

Despois de ler poemas deste libro escribimos os nosos, utilizamos o procesador de textos e tamén unha  ferramenta para crear ilustracións.


26/2/16

A ENTREVISTA

Realizamos esta dinámica cooperativa que nos permite coñecernos mellor. Decidimos as preguntas que íamos facer nesta entrevista persoal, entrevistamos á persoa que nos tocou e logo contamos o que soubemos sobre ela.






22/2/16

ORIENTÁNDONOS

Para ser un bos viaxeiros e boas viaxeiras hai que orientarse ben, entender os planos e os mapas. Practicamos:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/44162055/caminos/caminos_cuadricula_retos.html 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/conocimiento/entorno2/index.htm

http://www.genmagic.net/mates4/ser2c.swf



8/2/16

ENTROIDO: MONXES MEDIEVAIS

Chegou o Entroido e tocounos disfrazarnos de monxes medievais para a comparsa do cole, co tema do noso proxecto "Camiños a Santiago". Despois de informarnos soubemos que os monxes copiaban textos en pergamiños e máis tarde en papel, e  reuníanos nuns libros chamados códices que se conservaban nas Bibliotecas dos mosteiros.
Preparamos os nosos pergamiños manchando a copia con café para dar aspecto de antiguo e fixemos o noso disfraz: