A nosa primeira dinámica deste curso: mundo de cores.
Cos ollos pechados cadaquén foi agasallado cunha pegatina na fronte. Despois a orde: "dous minutos para agruparse".
Dubidamos un pouco, despois rapidamente nos agrupamos con quen tiña a mesma cor, pero... a cor de dúas persoas non coincidía coa de ninguén e unha persoa non tiña cor!
E quedaron sen agrupar.
E aí xurdiu a conversa: ¿por que non nos agrupamos coas cores diferentes?, ¿como se sentiron esas persoas? ¿importa a cor da pegatina? ¿estaría ben ter un equipo multicolor?
Pronto faremos os equipos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario