20/5/18

TAREFA: PINTAR O MURO

Chegou o momento de adicarnos á pintura mural, agora que xa vai bo tempo.
Este é o pintor que nos toca representar á nosa clase:


Para comezar temos que informarnos ben, farémolo así:
Números 1: Quen é este pintor? Onde  viviu? Onde, como e con quen aprendeu e traballou?
Números 2: Como é a súa pintura? Cando e onde presentou o seu propio estilo?  Que títulos destacaríades despois de ver os seus cadros?
Números 3 (e 4 no equipo de 4) Como conseguir as cores que precisemos a partir das cores primarias das que imos dispoñer? Que tipos de cores hai?


Logo voltaremos ao noso equipo cadaquén coa información obtida e contarémoslla. Resumiremos con lapis ao centro, para despois facer o panel informativo que acompañe ao noso cadro. 


15/5/18

MENSAXES DO PASADO

Aprendemos as etapas da Historia e fomos colocando diferentes  producións artísticas  no seu lugar do tempo: as que se amosaron no proxecto da escola, as que vimos no museo de Pontevedra e outras que investigamos nos libros. Son fontes históricas que nos aportan información sobre a vida nas diferentes épocas.







14/5/18

PAISAXE E PINTURA

Aquí temos o noso programa para a Voz da Escola, onde contamos todo o que aprendemos:
 


E aquí o resultado do noso traballo pictórico coa técnica do puntillismo:

           

4/5/18