Chegou o momento de adicarnos á pintura mural, agora que xa vai bo tempo.
Este é o pintor que nos toca representar á nosa clase:
Para comezar temos que informarnos ben, farémolo así:
Números 1: Quen é este pintor? Onde viviu? Onde, como e con quen aprendeu e traballou?
Números 2: Como é a súa pintura? Cando e onde presentou o seu propio estilo? Que títulos destacaríades despois de ver os seus cadros?
Números 3: (e 4 no equipo de 4) Como conseguir as cores que precisemos a partir das cores primarias das que imos dispoñer? Que tipos de cores hai?
Logo voltaremos ao noso equipo cadaquén coa información obtida e contarémoslla. Resumiremos con lapis ao centro, para despois facer o panel informativo que acompañe ao noso cadro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario