Divírtete coas matemáticas:
29/10/15
27/10/15
8/10/15
LEMOS POESÍA
Lemos poesía, do libro "Poemas que me cantou o grilo", de Ana Mª Fernández. Gustounos, porque o ritmo e a rima sempre enganchan.
Os textos falan da diversidade de seres vivos que enchen a Terra.
Gravámonos lendo, aquí queda un pouquiño de cada un de nós:
Despois da lectura fixemos un traballo de ilustración que nos fixo entrar de cheo no significados e na mensaxe dos poemas. Tamén iniciamos unha conversa na que falamos do que sabemos sobre os seres vivos e do que queremos saber.
1/10/15
NOVO CURSO, NOVO GRUPO
Comezamos o curso con novo grupo, para eles e elas nova profe, nova aula, dous compañeiros novos e unha compañeira nova. Así que todo este tempo estivemos coñecéndonos, falando de nós, facendo equipos, pensando plans e proxectos.
Xa estamos en marcha e facendo cousas, que en canto poidamos iremos subindo ao blog.
8/7/15
BOAS VACACIÓNS E BOA ANDAINA
Rapazas e rapaces, aquí vos queda unha lembranza destes dous cursos por se queredes descargala.
Se queredes ver como vos presentastes ao comezar 3º premede AQUÍ.
Como agasallo de despedida, tres curtas para ver un día de chuvia, por exemplo. Apenas teñen palabras, pero non son necesarias, porque a mensaxe ides entendela moi ben.
Apertas! Vémonos!
29/6/15
MATEMÁTICAS E ARTE
Mirando cadros de Paul Klee observamos polígonos de moitas clases e tamaños, círculos, liñas rectas e curvas que van dando forma a unha representación abstracta, na que o autor nos amosa unha realidade. A partir de aí podemos imaxinar o que queiramos.
Non nos deu tempo, pero tal vez unhas boas historias...
Non nos deu tempo, pero tal vez unhas boas historias...
Inspirándonos en cadros de Paul Klee, realizamos as nosas propias creacións. Utilizamos cera branda e démoslle un acabado con alkil.
Etiquetas:
artística,
matematicaMente,
pintura,
xeometría
31/5/15
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
O noso cole participa no programa "Alimentate ben", e este ano ademais da froita, coñecemos outro alimento moi importante na nosa dieta: O PEIXE.
Recibimos no cole aos "Arroases" que nos puxeron ao día en información, a través de actividades moi divertidas, sobre as propiedades do peixe.
Tivemos ocasión de ver como utilizan águias para manter as gaivotas lonxe do peixe!!
Na clase fixemos os nosos traballos de investigación sobre moitas clases de peixe e marisco, a súa forma de pesca e as súas propiedades nutritivas. Agora que sabemos máis, comeremos peixe máis a miudo??

Suscribirse a:
Entradas (Atom)





